A primeira batalla de Champagne foi unha batalla da primeira guerra mundial iniciada o 20 de decembro de 1914 entre tropas francesas e alemás. Inclúese no contexto da Carreira cara ao mar, acontecida no outono de 1914. Trátase dunha das últimas batallas da guerra móbil, antes do estancamento na guerra de trincheiras. A batalla durou ata maio de 1915 e afectou a diversas localidades galas, entre elas, Perthes, Givenchy e Noyon.

Tras a fin da batalla estimáronse unhas 90.000 baixas en cada bando.

Categoría:Batallas da primeira guerra mundial Categoría:1914 Categoría:Batallas do século XX