A Federación de Peñas do Deportivo é unha organización que pretende aglutinar ao maior número posíbel de peñas de seareiros do Deportivo da Coruña.

Organización e actualidade Na actualidade ten máis de 90 peñas federadas. Ten a súa sede nos baixos do Estadio Municipal de Riazor e ten peñas delegadas en toda a Galiza, Europa e prevé facelo tamén en América.

A federación colaborou activamente en diversos congresos de peñas coma os organizados polas peñas 2Mil6 de Negreira e Bodipo Casa Freire de Soñeiro-Sada. Tamén organizou as dúas edicións do Feirón Branquiazul celebrados no O Burgo en 2007 e 2008, os distintivos de Honra (Insignias de Ouro e Prata), así como a I Asemblea de Peñas Federadas (2006) e unha II Asemblea (2008).

Directiva Presidencia: Luis Alberto Martínez (Peña La Cuesta) Vicepresidencia: Iván Beceiro (Peña Mazaricos) Secretaría: Anita Guerra (Peña Chamberí Branquiazul) Vicesecretaría: Francisco Fraga (Peña Burela) Tesoureiría: Nidia Feal (Peña Bodipo) Vogalía: José Manuel García Roel (Peña Caña Derbas) Colaborador: Adrián Valcárcel (Peña Noroeste Turco)

Peñas delegadas: Peña Os Zorros, do Carballiño (zona Ourense) Peña A Moa do Pindo en Carnota (Costa da Morte) Peña Torçida da Cabaña de Carballo (zona Bergantiños) Peña Barragán, de Pontedeume (zona Ferrol e Trasancos) Peña Villalba (zona interior de Lugo) Peña 2 mil 6, de Negreira (zona Santiago de Compostela e arredores) Peña Pardo de Cela, de Alfoz do Castrodouro (zona Mariña de Lugo) Peña A Illa de Arousa (zona Pontevedra) Peña Os Rachapedras de Friburgo (Suíza) delegada Europa

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da federación de Peñas do Deportivo

Categoría:Deportivo da Coruña Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes