Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración pública ata a súa xubilación en 2019, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.
Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).
Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.
Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.
Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.
A súa obra foi traducida a varias linguas, entre elas: portugués, castelán, éuscaro, catalán, francés, italiano, inglés, ruso e árabe.
Entre 2002 e 2003 formou parte, como vogal, do Consello Directivo da AELG, substituíndo a Luísa Villalta.
Dende o mes de outubro de 2022 forma parte da Comisión de pensamento do Consello da Cultura Galega.
Obra en galego Narrativa Novela O bosque das antas (1988). Vigo: Xerais. Traducida ao portugués co mesmo título por José Braga-Amaral, e ao castelán co título El bosque de las antas, publicadas por Bubok Editorial. Protagonista a cidade de Ourense. ISBN 978-84-9782-273-2. Tempo de crepúsculo (1993). Vigo: Xerais. ISBN 9788475077321. Sombras no labirinto (1997). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 9788475077321. Traducida ao castelán como Sombras en el laberinto no 2012, publicado en Trifolium. Unha cita co aire (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-826-2. A noite branca (2012). Vigo: Xerais. ISBN 9788499144603. Traducida ao ruso en 2014, publicada por Nestor Book. Alma e o mar (2017). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-086-4.
Relatos
Sete noites e un amancer (2003). Biblos Clube de Lectores. ISBN 9788460768173. Para seguir bailando (2009). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-957-1. Dez relatos.
Literatura xuvenil Historias roubadas (1998). Everest Galicia. Lendas de onte, soños de mañá (2001). Everest Galicia. No corazón da fraga (2001). Everest Galicia. Traducido ao castelán: El espíritu del bosque, 2003, Everest. Suso Espada. O misterio do Grial (2003,).Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada. El misterio del Grial, 2009, Everest. Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro (2008,). Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada: Estambul y el caballito de oro, 2008, Everest; ao éuscaro: Suso Espada: Istambul eta urrezko zalditxoa, 2009, Aizkorri; e catalán: Suso Espada: Istanbul y el cavallet d'or, 2009, Cadí. Suso Espada. "Nota Roja" (2010). Everest Galicia. Do A ao Z con Uxío Novoneyra (2010). Everest Galicia. Os contos da avoa Pepa (2018). Kalandraka, con ilustracións de Manolo Figueiras. Incluído na lista de honra de CLIJ 2019, Os 100 mellores libros do ano.
Poesía A fonte abagañada (1980). Limbo. Pabellón habitado (1987). Ferrol: Sociedad de Cultura Valle-Inclán. Ara Solis (1996). Raíña Lupa. Edición bilingüe galego-francés. París: Éditions La Cour Pavée, Col. Bibliophilie contemporaine-livres. Días de cera (1999). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 9788489814646. Mar de Lira (2005). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 9788496403598. En 2015 editouse o disco Música de Mar de Lira, patrocinado polo Concello de Ourense, con temas compostos por José Luis Fernández Carnicero a partir de poemas deste libro, interpretados por Victoria Álvarez Acón (soprano) e Xosé Manuel Yáñez (piano). Miño, 2008, Espiral Maior. Bater de sombras (2010). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 978-8492646449. Publicado en castelán: Golpear de sombras, 2011, Huerga y Fierro. Traducido por Teresa Seara, e como plaquette pola editorial Homo Scriptum, de Nova York, en 2012. Suite Dublín (2011). Cidade de México: Micielo ediciones. Eedición bilingüe galego-castelán, publicado en galego en 2012 en Follas Novas Edicións como Suite Dublín e outros poemas, ISBN 978-84-695-0164-1. Memoria de abril (2014). Artepoética (antoloxía poética en edición bilingüe galego-castelán). Texto introdutorio, selección e tradución de Teresa Seara. ISBN 978-1940075068. Nova York: ceo e mazá. Nueva York: cielo y manzana. New York: Sky and apple (2017). Artepoética Press. Edición trilingüe en galego, castelán e inglés (esta última feita por Craig Patterson). ISBN 978-1940075457. Val tan doce e sombrio (2026). Pontevedra: Faktoría K de Libros. ISBN 978-84-16721-97-9.
Ensaio Ensaio literario O mundo da pesca na literatura galega (1999). Concello de Oleiros. Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar) (2006). Linteo. Publicado en castelán: Respirar por el idioma: (los gallegos y Julio Cortázar), 2007, Corregidor, Buenos Aires. O soño galego de Julio Cortázar (2014). Linteo.
Guías e literatura de viaxes A Coruña monumental e turística (2002). Everest. Edición en castelán, galego e inglés. Guía do Pereiro de Aguiar e a Ribeira Sacra de Ourense (2008). Everest. Guía da cidade de Ourense (2010). Everest. Edicións en galego e castelán.
Ensaio sobre natureza As crebas. Outro xeito de andar ao mar (2014). Baía. Con Maribel Longueira. Ser cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo (2023). Editorial Bululú.
Memoria histórica Manuel Rodríguez Louro: Do Monte Pindo a Mauthausen (2020,).Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica /ARMH. Deputación da Coruña. Julio Martínez Arias: Da Porta de Aires da Coruña ao aire de Mauthausen (2024). Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica /ARMH. Deputación da Coruña.
Guións Un mundo de historias, 2002, Pórtico Produccións, capítulo para a serie de televisión dirixida por Antón Dobao. Pataghorobí, 2005, Ficción Produccións. Adaptación do relato do mesmo título de Xosé Cid Cabido, dirixida por Ricardo Llovo. Domingos de Andrade, excelencia do Barroco, 2012, para o Museo do Pobo Galego. A memoria da represión, 2021, ABA FILMS, para o Museo do Pobo Galego.
Traducións O diaño tamén sorri, de José Braga Amaral, 2009, Toxosoutos. A ruptura, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia. Infinito presente, de Ludwig Zeller, 2010, Espiral Maior. A autoestrada do Sur, de Julio Cortázar, 2014, Trifolium. Buen camino, Bom Caminho, Bo Camiño, de Astrid Lander, 2014, Editorial Areté.
Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Caderno de viaxe, 1989, Xerais. Polos camiños da literatura. Escritores galegos do PEN, 1993. Berra liberdade, 1996, Galaxia. Guía patrimonial da provincia da Coruña, 1996, Caixanova. Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais. Narradores de cine, 1996, Xerais. Guía patrimonial da provincia de Ourense, 1997, Caixanova. Alguén agarda que volva alí, 1998. Intervención poética, 1999, Galería Sargadelos. A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Rutas con sabor: Galicia, 2002, El País-Aguilar. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. A gamela de Cabo de Cruz, 2003. Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, 2003, La Voz de Galicia. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. II, 2003, Fundación Araguaney. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Un libro a maior aventura. Campaña de fomento de lectura entre os maiores, 2003, Xunta de Galicia. As pegadas do Camiño, 2004, Cultura Solidaria Galega. As aforas do soño, 2005, Casa da Gramática, Porta Azul, Noia. Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Bonifacio Borreiros na memoria de Galicia, 2007. Tropel de marmolubios, 2007, Galix, Xunta de Galicia. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. O petroglifo do Filladuiro, 2008, Toxosoutos. Poetas con Rosalía, 2008, Fundación Rosalía de Castro. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. O 'Volter', fragmentos para a memoria, 2009, Xunta de Galicia. Recompilación documental e gráfica de J. Alberto Almeida Rebollo. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Níxer, 2010, Xerais. Dezaoito, 2011, Círculo Poético Aberto. Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla, 2011, Cadernos Ramón Piñeiro. Tamén navegar, 2011, Toxosoutos. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Multilingual Anthology. The Americas Poetry Festival of New York, 2014, Artepoética press, Nova York. Nimbos: cáliz fervendo!, 2014, Cadernos Ramón Piñeiro (XXIX). 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos. A esperanza é lentura. Unha lectura de Paisaxes do baleiro, en Fraxilidade consistente. Palabras para Eva Veiga, 2020, Medulia Editorial. Poetas na Cociña, 2020, Medulia Editorial e La Cocina Económica de La Coruña. Luísa Villalta: onde nace e se deita o sol de dentro, 2021, en Cidade de mulleres. Veciñas ilustres da Coruña, Volume 1. Colección Noroeste 2, Asociación da Prensa da Coruña/Fundación Wenceslao Fernández Flórez. Dialéctica, 2021, no libro Crebas, de Francesc Torres, Centro Galego de Arte Contemporánea. Fisterras Atlánticas, Finisterres Atlánticos, Atlantic Finisterres, 2021, Medulia Editorial. Selección de Antonio Raúl de Toro Santos e José Miguel Alonso Giráldez. El Camino dels Estels, El Camino de las Estrellas, O Camiño das Estrelas, 2021, Lastura Ediciones. Inclúe 4 poemas inéditos escritos con Eva Veiga. Antoloxía do confinamento. Poetas galegos e portugueses, 2021, Concello de Pontevedra. Ara do mar. Poesía a Fisterra, 2021, Editorial Eneida. Selección de Alexandre Nerium. Antologia di Poesia Contemporánea Internazionali: Universalia, 2021, Edizioni Universum. Trento, Italia. Poetas na cociña II. Alimento para o corpo e para a alma, 2021, Medulia Editorial. Irmandade poética e artística Galaico-Lusa. Poetas do Reencontro II. Colleita de poesía Galaico-Lusa 2019-2021, 2021, Punto Rojo Libros. Fisterra. Relato Curto en Galicia, 2021, Editorial Linteo. Relato A fonte do Rei. Poetas na cociña III, 2022, Medulia Editorial e Cociña Económica da Coruña.
Obras con Maribel Longueira Guía Patrimonial da Provincia da Coruña, 1996, Caixanova. Alguén agarda que volva alí, 1998, Editorial Venus. Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra, 2000, A Nosa Terra. Muros ronsel de pedra, espiral de mar, 2003, Deputación da Coruña. Entremiradas I. Galicia - Bos Aires, 2009.