O Saracens Rugby Football Club, tamén coñecido como Saracens F.C. ou Saracens, é un equipo de rugby inglés do norte de Londres que disputa os seus encontros como local na cidade de St Albans. O equipo foi fundado en 1876, e compite regularmente na Aviva Premiership (primeira división inglesa).

As súas cores son o negro e o vermello. Até 2012 xogaba no estadio Vicarage Road, na localidade de Watford, pero dende ese ano xoga como local no Allianz Park de St Albans, outra localidade situada ó norte de Londres. Os seareiros e xogadores do club son chamados popularmente Sarries.

O equipo acadou 2 subcampionatos de liga inglesa nas tempadas 1997-98 e 2009-10 antes de acadar o seu primeiro título de liga na tempada 2010-11. Antes deste título de liga, os Saracens tan só tiñan un título no seu palmarés, a copa inglesa de 1998.

Tempada actual

Palmarés Títulos nacionais Aviva Premiership (1): 2010-11, 2014-15 Anglo-Welsh Cup (2): 1997-98, 2014-15

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Saracens

Categoría:Equipos de rugby de Inglaterra