dereita|miniatura|O Servais Stradivarius no Smithsonian Institute.O Servais Stradivari e un violonchelo fabricado por Antonio Stradivari en 1701, considerado, pola súa magnífica conservación e a súa restauración non invasiva, o instrumento máis orixinal do mestre de Cremona. Historia O seu máis famoso propietario, e de quen recibe o seu nome, foi o violonchelista belga Adrien François Servais, quen o adquiriu probablemente na Rusia, da princesa Youssopov, contra o 1848. Trala morte do chelista foi herdado polo seu fillo Joseph e, tras moitas dificultades, foi adquirido polo Smithsonian Institute en 1981. Dende decembro de 1987 está exposto xunto ao Cuarteto Stradivarius de Herbert R. Axelrod na Sala de Instrumentos Musicais do Museo Smithsoniano en Washington DC.
A súa característica principal é a especial proporción do instrumento. O tamaño da caixa dos violonchelos Stradivarius é variable, entre 72,3 e 78,7 cm, e este exemplar de 1701 ten o tamaño máximo, cun mastro proporcionado, fronte ao resto dos chelos da época, que adoitaban ter menor tamaño, achegándose ao tamaño medio da viola da gamba.
Este instrumento é cedido polos Museos Smithsonianos para a celebración de diversos concertos na súa sede, e a determinados solistas para concertos e gravacións, entre as que destacan as seis suites para violoncello só de J. S. Bach (1992), interpretadas polo holandés Anner Bylsma. Propietarios Propietario Dende Probado en AtaJean-Marie Raoul1837Famille Raoul18371841Jean-Baptiste Vuillaume1841Prince Nicholas YoussoupovAdrien-François Servais18571866Joseph Serais18661885Auguste Couteaux18851893W.E. Hill & Sons18931895Prince de Caraman-Chimay1895CaressaFerdinand Pollain1928W.E. Hill & Sons1928Wurlitzer Collection1929Charlotte Bergen19291981Smithsonian Institute Museum1981 Intérpretes Intérprete Dende Probado en AtaAdrien-François Servais1866Anner Bylsma
Categoría:Violonchelos Stradivarius