Asís (en ) é unha comuna e sé episcopal da provincia de Perugia (Italia). En 2003 tiña 25.600 habitantes, dos que 5.500 vivían na cidade de Asís.
Adoita considerarse o lugar de nacemento do poeta latino Propercio, nado entre o -50 e o -45. Así mesmo, é famosa por Francisco de Asís, quen fundou alí a orde dos franciscanos en 1208. Tamén é a cidade natal de Clara de Asís fundadora, xunto con San Francisco, da Orde das Damas Pobres, que tras o seu pasamento pasaría a coñecerse como a Orde de Santa Clara. En 1838, naceu na localidade Gabriel da Virxe das Dores.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Perugia