Barajas é un distrito da cidade española de Madrid. É neste distrito onde se encontra o Aeroporto Internacional de Barajas, un dos de máis movementos no mundo.
Limita, ao norte co concello de Alcobendas; ao leste e sueste cos concellos de Paracuellos de Jarama, Torrejón de Ardoz e San Fernando de Henares; ao sur co concello de Coslada e co distrito de San Blas-Canillejas e ao oeste co distrito de Hortaleza. Ten unha superficie de aproximadamente 41,92 km² e contaba en 2023 con 48.646 habitantes.
Datos históricos
Ata a reestruturación de 1987 formou parte do Distrito de Hortaleza. A súa anexión a Madrid data de 1949. Comprende a antiga vila de Barajas de Madrid e os seus arredores, algúns históricos como a famosa Alameda de Osuna, e outros modernos igualmente importantes como o Aeroporto. Do seu primitivo carácter rural converteuse nun centro importantísimo de comunicacións coas súas correspondentes zonas industriais e así, os vellos casaríos transformáronse en núcleos residenciais de modernas vivendas.
Barrios Este distrito está dividido en cinco barrios: Aeropuerto Alameda de Osuna Casco Histórico de Barajas Corralejos Timón
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural de Barajas Programación deportiva do distrito de Barajas
Categoría:Distritos de Madrid