Ibi é un concello da provincia de Alacant, na Comunidade Valenciana, España. Pertence á comarca do Alcoià e é o concello máis grande da comarca xeográfica da Hoya de Castalla. Conta cunha poboación de 24.093 habitantes (INE 2008).

Xeografía A vila de Ibi atópase situada no extremo noroeste dos vales que configuran a Hoya de Castalla e ao nordeste da conca do Monnegre, coñecido tamén como Río Verde ou de Castalla, concretamente ao pé das serras do Menejador e de Biscoy. O termo de Ibi limita cos termos municipais de Alcoi, Castalla, Xixona e Onil. Comunícase con Alacant e Valencia pola autovía A-7.

Na súa parte norte e nordeste limita cun grande arco montañoso formado polas serras de Biscoy, Teixereta, Cuartel, Cabeç Corbó e la Tallada.

A poboación está situada entre dous cerros sobre os cales se sitúan respectivamente as ermidas de Santa Lucía e San Miguel.

Demografía Segundo o censo INE 2008, Ibi ten 24.093 habitantes, polo que é o 19º concello da provincia en número de habitantes.

Evolución demográfica de Ibi 1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2008 Poboación 3.004 3.601 3.653 3.549 3.533 4.104 3.929 4.081 6.129 13.916 19.846 20.452 21.293 23.360 24.093

Economía Ibi é unha cidade onde as industrias recíclanse continuamente para adaptarse aos novos mercados. Desde o século pasado en Ibi, o negocio do xeado xerou moitos postos de traballo, tamén é coñecida pola súa produción de xoguetes que nos anos 70 e 80 centraban a case toda a poboación activa. Actualmente Ibi segue sendo unha cidade moi industrializada, pero as empresas de xoguetes están sendo substituídas por fábricas de metal e de plástico en xeral, aumentando tamén o sector de importación e exportación.

Monumentos e lugares de interese miniatura|250px|Igrexa da Transfiguración do Señor Igrexa Parroquial da Transfiguración La Tartana Monumento al Fester Monumento dels Geladors Monumento ós Reis Magos Barranco de los Molinos Casa Gran Monumento ao Centenario do Xoguete

Cidades irmandadas Tomelloso

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Ibi Vila de Ibi Ibi no Rexistro de Entidades Locais da Generalitat Valenciana Ibi Antifeixista: concerto cronograma e contra-información

Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Alacant