Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Xeografía O termo municipal sitúase entre a marxe dereita do río Xúcar, Val de Aigües Vives e as montañas del Convent. A cidade de Carcaixent é o núcleo máis importante do municipio, que ademais lle dá nome.
No que respecta á orografía, cabe dicir que é regada polo río Xúcar e polos seus afluentes Magre, Verd e Barxeta, e tamén pola Real Quenlla de Carcaixent. O termo é maiormente chairo, e esténdese pola unidade xeográfica que forma o val do Xúcar, que se transforma a partir da cidade cara ao leste nun terreo montañoso coa serra de Corbera e a das Agullas. O chan é cuaternario, orixinado polo aluvión procedente do río Xúcar, con montañas de roca calcaria.
Desde Valencia, accédese a esta localidade a través da CV-42 e CV-41 ou por medio da A-7 e logo tomando a CV-543. Tamén ten estación de ferrocarril na liña C-2 de Proximidades Valencia (Renfe).
Barrios e pedanías No termo municipal de Carcaixent atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación: Barraca de Aigües Vives Cogullada
Pola súa banda, o núcleo de Carcaixent divídese en catro barrios: Santa Bàrbara Les Barraques La Muntanyeta Els Quatre Camins
Demografía Carcaixent ten 21.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 7,7% da súa poboación é de nacionalidade estranxeira.
Evolución demográfica deCarcaixent1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007 2008 9.255 12.503 12.262 13.520 13.834 15.393 17.846 17.21617.937 18.971 22.164 20.062 20.609 21.753 21.695 21.973
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Carcaixent Consellería de Turismo do concello de Carcaixent
Categoría:Cidades da Comunidade Valenciana Categoría:Concellos da provincia de Valencia