Perdita é un satélite interior de Urano. O descubrimento de Perdita foi complicado. As primeiras fotografías foron tomadas polas sonda espacial Voyager 2 no ano 1986, pero tardaron máis dunha década en ser recoñecidas coma unha nova lúa. En 1999, a lúa foi anunciada por Erich Karkoschka e notificada.< Pero coma non se puideron tomar máis fotografías para confirma-la súa existencia, foi oficialmente descartada no 2001. Chegados ó 2003, imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble dirixidas a atopar algún tipo de obxecto onde se supuña que debería estar Perdita, deron finalmente coa confirmación da existencia da lúa.

Despois do seu descubrimento no 1999, Perdita recibiu a designación temporal de S/1986 U 10. Recibiría máis tarde o nome da filla de Leontes e Hermione na obra de William Shakespeare, The Winter's Tale. A lúa foi tamén designada coma Urano XXV.

A lúa orbita entre Belinda e Puck. As medicións arriba mencionadas do Hubble proban que Perdita non segue un movemento directo Kepleriano ó redor de Urano. Pola contra, está claramente nunha resonancia orbital de 43:44 coa veciña lúa Belinda. É tamén está moi próxima a ter unha resonancia orbital de 8:7 con Rosalinda.

Perdita pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Crésida. Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes. Por desgraza, a parte da súa órbita, o seu radio de 15 km e ó seu albedo xeométrico de 0,08, pouco máis se sabe deste astro.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Perdita Profile by NASA's Solar System Exploration

Categoría:Lúas de Urano