O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pireneos Atlánticos) que xoga na 2ª División da liga francesa (Pro D2).

Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra (simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de Donostia (País Vasco).

Historia En 1898 fundouse o club baixo o nombe Amicale des anciens de Jules-Ferry trocándoo por Biarritz Stade e posteriormente, en 1913 por Biarritz Olympique. En 1998 cando o club se consolida na elite do rugby francés elixiu engadir ao seu nome Pays Basque (País Vasco) dando lugar ao nome actual Biarritz Olympique Pays Basque (BOPB) coa intención de reafirmar a súa identidade e promover a rexión estabelecendo unha sólida e estable relación entre un determinado estilo de xogo e polos valores fundamentais que fan a identidade do País Vasco. Esta decisión levou a modificar tamén lixeiramente o escudo do club, ao que se lle engadiron as palabras Pays Basque en verde por debaixo do escudo.

Palmarés Competicións internacionais Heineken Cup/Champions Cup: Finalista (2): 2005-06 e 2009-10 European Challenge Cup: Campión (1): 2011-12 Competicións nacionais Top 14: Campión (5): 1935, 1939, 2002, 2005, 2006 (5) Finalista (3): 1934, 1938, 1992 Outras competicións Challenge Yves du Manoir: Campión (1): 1937 Finalista (1): 1989 Copa de Francia: Campión (1): 1937, 2000 Finalista (1): 2002 Championnat de la Côte Basque: Campión (2): 1917 e 1922 Challenge Antoine Béguère: Campión (1): 1991 Finalista (1): 1979

Presidentes Logo da creación do Biarritz Olympique, Jean-Baptiste Hum-Sentouré foi nomeado presidente fundador do club. Con todo, o primeiro presidente de BO foi Alfred Laulhe, que ocupou o cargo durante os nove primeiros anos de vida do club branco e vermello. Pola súa banda, Emile Lacour foi a persoa que máis tempo presidiu a entidade, logo de 16 anos entre 1936 e 1952. Dende o punto de vista deportivo, o Biarritz Olympique conseguiu os seus maiores logros estando na presidencia do club Marcel Martin, conquistando tres dos seus campionatos nacionais (2002, 2005 e 2006), unha das súas dúas Copas de Francia (2000), e chegando unha vez á final da Copa de Europa (2006), mentres que o único título continental do club chegou baixo a presidencia de Serge Blanco coa conquista da European Challenge Cup en 2012. A seguinte táboa mostra todos os presidentes do BO dende a súa creación:

Presidentes do Biarritz OlympiqueNomeInicioFin Jean-Baptiste Hum-Sentouré 1913 1913 Alfred Laulhe 1913 1922 Dr Plantier 1922 1936 Emile Lacour 1936 1952 Alexis Figue 1952 1959 André Lafaille 1959 1962 Maurice Bergeon 1962 1965 Henri Berrogain 1965 1967 Claude Rebeyrol 1967 1978 Jean-Claude Blimer 1978 1980 Jacques Bergeruc 1980 1981 Jean-Claude Blimer 1981 1984 Pierre Grenade 1984 1990 Jean Dupont 1990 1991 Michel Langla 1991 1992 Patrick Arrosteguy 1992 1996 Serge Blanco 1996 1998 Roland Heguy 1998 1998 Marcel Martin 1998 2008 Serge Blanco 2008 2016 Nicolas Brusque 2016 no cargo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Site oficial do club Himno do Biarritz Olympique

Biarritz