Messina Chasma é o canon máis grande da superficie da lúa de Urano, Titania; recibiría o nome dunha das vilas que aparecen na comedia de William Shakespeare, Much Ado About Nothing.

Características O canon-depresión ten 1.492 km de lonxitude e está composto por dúas fallas normais que corren en dirección NO-SL, estas fallas levan consigo a formación de bloques na superficie chamados graben e horst, os graben serían os bloques que estarían nas depresións das fallas e os horst serían os bloques elevados entre as fallas (vésaxe o diagrama para visualiza-lo fenómeno). O canon corta varios cráteres de impacto, o cal probablemente significa que a formación desta Chasma sucedeu nun estadio relativamente tardío na evolución da lúa, cando o interior de Titania se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.Conferencia a cargo de Croft, S.K. "New geological maps of Uranian satellites Titania, Oberon, Umbriel and Miranda" (1989), edición da conferencia a cargo do "Lunar and Planetary Sciences Institute" e recollida na obra "Proceeding of Lunar and Planetary Sciences" vol. 20, pax 205C A chasma ten un pouquiños cráteres superpostos, o que reafirma que está chasma é unha estrutura xeolóxica relativamente nova. Messina Chasma foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.

esquerda|miniatura|300px|Diagrama explicativo da aparición dos Graben e Horst.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titania Urano Lista dos accidentes xeolóxicos da lúas de Urano Chasma

Categoría:Chasmata Categoría:Titania