O Club de Fútbol Palencia foi un club de fútbol español, da cidade de Palencia. Foi fundado en 1975 ao fusionarse o Club el Cristo (fundado en 1974) e o F.J. Olímpico (fundado en 1973) co nome de C.D Cristo Olímpico. En 1989 cambiou o seu nome polo de Club de Fútbol Palencia. A comezos de xaneiro de 2013, o equipo disolviuse oficialmente debido ás débedas do equipo.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta morada, pantalón branco e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta branca con franxa morada cruzada no peito, pantalón morado e medias moradas.

Estadio

250px|miniatura|Novo Estadio Municipal La Balastera. Ata a inauguración do Novo Estadio, o Estadio municipal era o de La Balastera, fundado o 12 de setembro de 1943, con capacidade para 12.500 persoas. Dimensións 106x70 metros.

O Estadio de la Nueva Balastera tiña previsto acabarse o día 17 de setembro de 2006 pero finalmente inaugurouse o 10 de outubro de 2006 co partido entre España e Italia Sub-21. A honra de ser o primeiro xogador en marcar un gol no novo estadio foi para o italiano Chiellini. En liga foi o dianteiro morado Carlos o primeiro en perforar a portería do novo campo.

O estadio ten capacidade para 8.070 persoas, todas elas sentadas ao contrario que o antigo estadio que tenia capacidade para 12.500 espectadores (a maioría deles de pé).

Os únicos cheos foron o día da inauguración, e o 18 de maio de 2008, no partido CF Palencia - Burgos CF, no que ambos os clubs descendían a terceira división.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 (+4 do Palencia CF) Tempadas en 2ªB: 13 (+5 do Palencia CF) Tempadas en 3ª: 17 (+12 do Palencia CF) Tempadas en Divisións Rexionais: 15 Mellor posto na liga: 3º (Segunda División B de España, temporadas 2006-07 e 2009/10) Participaciones na Copa do Rei: 10 Mellor clasificación na Copa: 3ª eliminatoria, tempada 1991/92 Participacionns na Copa Federación: 2 Participacions na Copa Castilla e León: 4 (dúas veces semifinalista).

Palmarés Terceira División de España (5): 1989-90, 1997-98, 2000-01, 2002-03, 2008-09. Subcampión da Terceira División (1): 1996-97

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web non oficial Web non oficial

Palencia Categoría:Deporte en Palencia