Te Deum é un motete polifónico (H. 146) en re maior composto por Marc-Antoine Charpentier, probablemente entre 1688 e 1698, durante a súa estadía na igrexa xesuíta de Saint-Louis en París, onde ocupou o cargo de director musical. ISMN M-0006-52543-0 A obra está escrita para un grupo de solistas, coro e acompañamento instrumental.
A obra Charpentier escribiu ata seis configuracións distintas para o seu Te Deum, aínda que só se conservan catro delas. Crese que a composición interpretouse por primeira vez durante as festas de celebración da vitoria na batalla de Steinkirk en agosto do 1692. O preludio á obra é moi coñecido por ser a sintonía empregada pola Unión Europea de Radiodifusión. O tema tamén aparece na introdución do filme A Olimpíada de Bud Greenspan.
Estrutura A obra consta das seguintes partes: Prélude Te Deum laudamus Te aeternum Patrem Pleni sunt coeli et terra Te per orbem terrarum Tu devicto mortis aculeo Te ergo quaesumus Aeterna fac sum Sanctis tuis Dignare, Domine Fiat misericordia tua In te, Domine, speravi
Charpentier consideraba a tonalidade de re maior como "brillante e moi marcial". A introdución instrumental, composta en forma de rondó, precede ó primeiro verso, a cargo do baixo solista. O coro e o resto de solistas van incorporándose gradualmente. Charpentier aparentemente tratou de orquestrar a obra de acordo á exexese tradicional do texto en Latín. O coro por tanto predomina na primeira parte (versos 1-10, eloxio a Deus, dimensión celestial), e os solistas individuais na segunda parte (versos 10-20, sección Cristolóxica, dimensión segrar). Nos seguintes versos, 21-25, altérnanse tanto os solistas como o coro, e o verso final é unha fuga a grande escala escrita para o coro, cun pequeno trío no medio..
Orquestración A composición está orquestrada para oito solistas e un coro, acompañados dun conxunto instrumental dun violín, dúas violas, contrabaixo, frauta, óboe, e fagot. O baixo continuo déixase a cargo dun órgano e pode usarse de apoio unha viola da gamba..
Notas
Categoría:Música clásica