A Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol (en inglés: International Federation of Football History and Statistics), é unha institución creada en 1991 co obxectivo de recompilar, estudar e analizar tódolos datos relacionados coas competicións de fútbol de todo o mundo, tanto históricas como actuais. A sede sitúase en Bonn (Alemaña) e actualmente está presidida por Alfredo W. Pogë.

Esta federación analiza as estatísticas de tódalas competicións futbolísticas, elaborando regularmente diferentes clasificacións a partir de datos obxectivos. Cada mes publica listas de valoración das mellores ligas do mundo, as mellores seleccións nacionais, clubs, xogadores, árbitros etc.

Segundo a lista da clasificación histórica do ránking mundial de club segundo a IFFHS, o FC Barcelona é considerado o mellor equipo do mundo desde 1991, tendo en conta tanto as competicións internacionais como as estatais dos seis continentes futbolísticos.http://www.iffhs.de/?3d4d443d0b803e8b40384c00205fdcdc3bfcdc0aec70aeedbe1a

Top 5 (1991–2010)PosiciónEquipoPuntuación1 Barcelona8072 Manchester United7263 Juventus633 - Real Madrid6335 Milan620Última actualización: 17 de decembro de 2011Actualmente o Deportivo da Coruña é o mellor club galego nestas clasificacións, que ocupa o posto número 117 na clasificación mundial de clubs e o posto 28 da clasificación histórica.

Outra das clasificacións que publica a IFFHS é a das ligas máis fortes do mundo cada ano, clasificación que en 2011 lideraba a Liga Española:

Top 5 (2011)PosiciónLigaPuntuación1 Primeira División 6522 Primeira División5343 Brasileirão5114 Premier League5095 Lega Calcio Serie A443Última actualización: 17 de decembro de 2011 Notas

Ligazóns externas Sitio web oficial da IFFHS

Categoría:Historia do fútbol Categoría:Organizacións deportivas de Europa