A Unión Deportiva Lanzarote é un club de fútbol de España, radicado na cidade de Arrecife, en Lanzarote (Canarias). Foi fundado en 1970 e xoga no grupo XII da Terceira División Española.

Escudo O escudo do Lanzarote é similar ao do cabido da illa, coa mesma forma e un balón de fútbol no centro coas letras UD a ambos os dous lados.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas. Uniforme suplente: Camiseta branca, pantalón branco e medias azuis.

O patrocinador que loce na camiseta é Opel Orvecame nos partidos de casa e a illa de Lanzarote nos de fóra.

Mascota Historicamente a mascota do equipo foi "De la Piña", unha piña vestida co uniforme do club. A mediados da década dos 2000 deixa de usarse esta mascota.

Para a tempada 2009-2010 créase unha nova mascota: "Sarotín", trátase dun coello (con certo parecido a Bugs Bunny), vestido coas cores do club. A elección dun coello vén polo topónimo coloquial de conejeros aos habitantes de Lanzarote.

Estadio

O estadio do Lanzarote é a Ciudad Deportiva de Lanzarote, antigo Avendaño Porrúa, fundado en 1968 e cunha capacidade para 7.000 persoas, compartido co outro equipo da cidade, Orientación Marítima. O céspede artificial é de última generación, e está homologado pola FIFA. As dimensións son de 100 x 65 metros.

Datos do club Socios: 700 Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 10 Tempadas en 3ª: 18 Tempadas en Rexional: 15 Mellor posto na liga: 1º (2ªB, tempada 03-04) Peor posto na liga: 17º (2ªB, tempada 99-00)

Xogadores Cadro actual

Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (1): 2003-04 Terceira División de España (1): 2000-01

Torneos amigables Torneo de San Ginés (8): 1973, 1977, 1984, 1991, 2004, 2012, 2013, 2014

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Lanzarote