O Futbol Club Barcelona Atlètic é un club de fútbol catalán, da cidade de Barcelona, filial do Fútbol Club Barcelona. Fundouse en 1970 mediante a fusión do CD Condal e o Atlètic Catalunya e xoga actualmente na Primeira Federación.

Polo Barça B pasaron moitos dos mellores xogadores que chegaron ao FC Barcelona procedentes da canteira barcelonista, como Guardiola, Víctor Valdés, Andrés Iniesta, Puyol, Xavi ou Leo Messi.

Historia Inicialmente denominado CF Barcelona Atlético, foi fundado en 1970, baixo a presidencia de Agustí Montal Jr., froito da fusión e integración definitiva ao FC Barcelona do Club Deportivo Condal e do Atlètic Catalunya, dous clubs cataláns que a finais dos anos 60 asociáronse ao Futbol Club Barcelona.

O Barcelona Atlético creouse para que os mozos xogadores formados nas categorías inferiores da canteira barcelonista puidesen completar a súa formación competindo ante xogadores profesionais. En 1974 cambiou o seu nome a FC Barcelona Atlètic. En 1991 renomeuouse a FC Barcelona B por imperativo da RFEF. En 2008 recuperou o nome de FC Barcelona Atlètic e en 2010, coa chegada do presidente Rosell, mudou de novo a súa denominación a FC Barcelona B, nome que mantivo ata 2022, cando recuperou a denominación .

Estadio 250px|miniatura|Vista exterior do Mini Estadi.

O estadio do Barcelona Atlètic é o Mini Estadi, con capacidade para 15.276 espectadores e cunhas dimensións de 103 x 65 metros. Está situado xunto ó Camp Nou, estadio no que xoga o FC Barcelona.

Datos do club Tempadas en 2ª: 22 (Incluída a 2014/15) Tempadas en 2ªB: 18 Tempadas en 3ª: 4 Tempadas en Rexional: 1 Mellor posto na liga: 3º (2ª división, tempadas 2010-11 e 2013-14) Posto na Clasificación histórica de equipos filiais: 2º

Historial na liga TempadaCategoríaPosto 1970/71 3ª 4º 1971/72 3ª 19º 10px 1972/73 Rexional 1º 10px 1973/74 3ª 1º 10px 1974/75 2ª 10º 1975/76 2ª 6º 1976/77 2ª 20º 10px 1977/78 2ªB 5º 1978/79 2ªB 4º 1979/80 2ªB 14º 1980/81 2ªB 3º 1981/82 2ªB 1º 10px TempadaCategoríaPosto 1982/83 2ª 11º 1983/84 2ª 7º 1984/85 2ª 9º 1985/86 2ª 13º 1986/87 2ª 13º 1987/88 2ª 8º 1988/89 2ª 17º 10px 1989/90 2ªB 2º 1990/91 2ªB 1º 10px 1991/92 2ª 6º 1992/93 2ª 8º TempadaCategoríaPosto 1993/94 2ª 8º 1994/95 2ª 6º 1995/96 2ª 14º 1996/97 2ª 19º 10px 1997/98 2ªB 1º 10px 1998/99 2ª 20º 10px 1999/00 2ªB 11º 2000/01 2ªB 9º 2001/02 2ªB 1º 2002/03 2ªB 2º 2003/04 2ªB 8º TempadaCategoríaPosto 2004/05 2ªB 11º 2005/06 2ªB 6º 2006/07 2ªB 19º 2007/08 3ª 1º 10px 2008/09 2ªB 5º 2009/10 2ªB 2º 10px 2010/11 2ª 3º 2011/12 2ª 8º 2012/13 2ª 9º 2013/14 2ª 3º 2014/15 2ª —

Xogadores Xogadores históricos destacados foron, entre outros, Sergio Busquets, Cesc Fàbregas, Bojan Krkić, Pedro Rodríguez Ledesma ou Víctor Valdés. Cadro 2010/11

Actualizado a 1 de setembro de 2010.

12px|Capitán3º

12px|Capitán 12px|Capitán4º

12px|Capitán2º

Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (3): 1981-82, 1990-91, 2001-02. Terceira División de España (2): 1973-74, 2007-08. Subcampión da Segunda División B (3): 1989-90, 2002-03, 2009-10

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Barcelona B Barcelona B Barcelona B