Alexandra Vandernoot, nada en Bruxelas o 19 de setembro de 1965, é unha actriz belga de teatro, cine e televisión.

Traxectoria Filla do director de orquestra bruselense André Vandernoot e dunha bailarina, pasou a súa infancia en Waterloo e estudou humanidades e máis tarde arte dramática no Conservatorio Real de Bruxelas. É coñecida internacionalmente polo seu papel na serie estadounidense Highlander e polos seus personaxes en numerosas películas francesas como Le dîner des cons.

Filmografía Ceci n'est pas Bruxelles (Benoît Lamy, 1985) Babel Opéra ou La répétion de Don Juan de Wolfgang Amadeus Mozart (André Delvaux, 1985) Mascara - Make-up for murder (Patrick Conrad, 1987) Les Exploits d'un jeune Don Juan (Gianfranco Mingozzi , 1987) Trouble in Paradise (Robbe De Hert, 1989) Dilemma (Freddy Coppens, 1990) Hostel Party (Roland Lethem, 1990) Les Secrets professionnels du Dr Apfelglück (Thierry Lhermitte, Hervé Palud, Stéphane Clavier, Mathias Ledoux e Alessandro Capone, 1991) Le Souper (Edouard Molinaro, 1992) L'Affaire (Sergio Gobbi, 1994) Prêt-à-porter (Robert Altman, 1994) Le Jaguar (Francis Veber, 1996) Le Bal masqué (Julien Vrebos, 1997) Le Dîner de cons (Francis Veber, 1998) Sabotage! (Esteban e José Miguel Ibarretxe, 2000) Le placard (Francis Veber, 2000) Charmant Garçon (Patrick Chesnais, 2000) Gangsters (Olivier Marchal, 2001 ) De Fem benspænd (Jørgen Leth e Lars von Trier, 2003) Jeune homme (Christoph Schaub, 2006) Sans rancune'' (Yvan Hanchar, 2009)

Categoría:Actores de cinema de Bélxica Categoría:Actores de televisión de Bélxica Categoría:Actores de teatro de Bélxica Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1965