Torrecilla en Cameros é un municipio da Rioxa. En 2007 tiña 550 habitantes.

Demografía Sufriu unha forte diminución da poboación. Na década de 1960 unha fábrica de mobles deixou a vila, levando en moi poucas semanas a 160 familias, que supoñían a metade da poboación. En 1960 a poboación era de 1.347 habitantes, e en 1970 reduciuse a 626.

División administrativa A vila está formada por tres barrios. San Martín (El Barrio), o máis importante, cara ao que conflúen os outros dous, presidido pola igrexa de San Martín. Ao estar situado nunha ladeira, algunhas das súas rúas son moi empinadas. Barruelo, é o único dos tres situado que se acha na beira dereita do río Iregua. Campillo, primitivo asentamento da vila que conta cunha igrexa dedicada a San Antón e a ermida de Santa Águeda.

Categoría:Concellos da Rioxa