Shannon Brown, nado o 29 de novembro de 1985 en Maywood, Illinois, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto.

Traxectoria High School Brown asistiu ao Proviso East High School en Maywood, onde compartiu equipo con Dee Brown, xogador de Utah Jazz. En 2003, Brown foi nomeado "Illinois Mr. Basketball" e foi incluído no McDonald's All-American.

Universidade Brown xogou ao baloncesto universitario con Michigan State Spartans. Foi incluído no segundo equipo do All-Big Ten na súa etapa júnior e no All-Big Ten defensivo. No seu ano júnior tivo unha media de 17,2 puntos por partido e 4,4 rebotes.

NBA Foi seleccionado por Cleveland Cavaliers na 25ª posición do Draft de 2006. No seu primeiro ano na liga xogou pouco, aparecendo en cancha en só 23 encontros, 5 deles de titular, e cunha media de 3,2 puntos por partido. Xa na súa segunda tempada as súas medias chegaron case aos 10 puntos por partido, duplicando en número de minutos.

O 21 de febreiro de 2008 foi traspasado a Chicago Bulls nun traspaso a tres bandas entre os Bulls, os Cavaliers e Seattle Sonics. Xunto con el, chegaba ao equipo Cedric Simmons, Drew Gooden e Larry Hughes. O 6 de agosto de 2008 asinou un contrato dun ano con Charlotte Bobcats.

O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado xunto con Adam Morrison a Los Angeles Lakers a cambio de Vladimir Radmanović.Radmanovic traded for Morrison, Brown

O 9 de decembro de 2011 foi fichado polos Phoenix Suns coma axente libre. Foi traspasado o 25 de outubro de 2013, xunto a Marcin Gortat, Malcolm Lee e Kendall Marshall ós Washington Wizards a cambio de Emeka Okafor e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014. Tres días máis tarde, Brown, Lee e Marshall foron cortados polos Wizards.

O 1 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos San Antonio Spurs.Spurs Sign Shannon Brown to 10-day Contract O 12 de febreiro de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Spurs,Spurs Sign Shannon Brown to Second 10-day Contract pero unha vez rematado este segundo contrato, San Antonio decidiu non renovar a Brown para o resto da tempada.

O 27 de febreiro de 2014, Brown asinou un contrato de dez días cos New York Knicks. O 10 de marzo de 2014, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks. O 20 de marzode 2014, asinou cos Knicks para o resto da tempada. O 23 de xullo de 2014, foi cortado polos Knicks.

O 27 de agosto de 2014, Brown asinou cos Miami Heat.HEAT Signs Shannon Brown O 24 de novembro de 2014, foi cortado polos Heat.HEAT Signs Hassan Whiteside

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers