Westley Sissel "Wes" Unseld foi un xogador de baloncesto estadounidense que desenvolveu a súa carreira profesional nos anos 70. Naceu o 14 de marzo de 1946 en Louisville, Kentucky e faleceu o 2 de xuño de 2020. Unha vez retirado, foi adestrador dos Washington Bullets durante sete tempadas.
Traxectoria deportiva Universidade Unseld cursou os seus estudos na Universidade de Louisville, e en tres tempadas, conseguiu unhas medias de 20,4 puntos e de 18,9 rebotes por encontro, sendo no tres anos o máximo reboteador da súa conferencia.
NBA Foi elixido na segunda posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1968 polos Baltimore Bullets, e na súa primeira tempada conseguiu un fito que até ese momento só Wilt Chamberlain lograra: ser Rookie do Ano e MVP da liga na mesma tempada, despois de conseguir 18,2 rebotes por partido.
Xogou durante o seu trece anos de profesional no mesmo equipo, aínda que sufriu os cambios de denominación e de cidade do mesmo, xa que en 1973 trasladáronse a Washington, onde na súa primeira tempada denomináronse os Capital Bullets, para ser, finalmente, os Washington Bullets. Non foi un grande anotador, finalizou a súa carreira con 10,8 puntos por partido, mais si un excelente reboteador, conseguindo 14 capturas por encontro. Formou un tándem perfecto con Elvin Hayes, e xuntos levaron aos Bullets a catro finais da NBA, gañando o anel de campión en 1978, sendo ademais nomeado MVP das finais. Retirouse en 1981, con 34 anos de idade, e despois de disputar 984 partidos de liga regular.
Equipos Baltimore Bullets (1968-1973) Capital Bullets (1973-1974) Washington Bullets (1974-1981)
Adestrador Na tempada 83-84 fíxose co cargo de adestrador asistente dos Bullets, e en metade desa tempada ocupou o de adestrador principal, estando á fronte do equipo durante sete tempadas. Gañou nese tempo 202 partidos, e perdeu 345, cunha porcentaxe do 36,9%.
Logros persoais Campión da NBA en 1978. Rookie do Ano e MVP nun mesmo ano, 1969. A parte de Wes Unseld, soamente Wilt Chamberlain conseguiu facelo. MVP das Finais en 1978. Quinteto ideal da NBA en 1969. Máximo reboteador da NBA en 1975. Máximo reboteador da historia da franquía de Washington. Un dos poucos xogadores da historia que acumulan máis de 10 000 puntos e 10 000 rebotes. Premio ao Mellor cidadán en 1975. Membro do Basketball Hall of Fame dende 1988. Elixido un dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Wes Unseld Páxina de Unseld na web do Hall of Fame
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Louisville, Kentucky Categoría:Finados en 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Baltimore Bullets Categoría:Xogadores dos Capital Bullets Categoría:Xogadores dos Washington Bullets Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Baltimore Bullets Categoría:Adestradores dos Washington Bullets Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:MVP da Tempada da NBA Categoría:MVP das Finais da NBA Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA