Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies.Clements, J. F. (2007) The Clements Checklist of Birds of the World, 6th edition edición, Ithaca: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4501-9. As aves modernas presentan notables características que as diferencian do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).
Sistemática e evolución Neornithes divídese nos clados Palaeognathae (tinamúes e ratites) e o moi diverso e heteroxéneo grupo Neognathae. Está xeralmente aceptado que as aves modernas evolucionaron durante o período Cretáceo, producíndose a diverxencia entre Galloanserae (anseriformes e galiformes) e o resto dos neognatos (Neoaves) antes da extinción masiva do Cretáceo-Terciario, pero non existe un consenso respecto de se a radiación evolutiva de Neoaves aconteceu durante o Cretáceo ou o Terciario. Esta incerteza débese á discrepancia entre os resultados das análises moleculares (que datan esta diverxencia no Cretáceo) e o rexistro fósil.Ericson P. G. P et al. (2006) Diversification of Neoaves: integration of molecular sequence data and fossils . Biology Letters 2(4):543-547.Edwards, S. V. et al. (2005) Phylogenetics of modern birds in the era of genomics . Proc. R. Soc. B. 272:979?992.Hackett S. J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320(5884):1763-1768.
Cladograma baseado en Hackett et al. (2008).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Neornithes en Tree of Life.
Categoría:Aves