Penélope é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 207,5 km de diámetro, sendo só máis grandes (en Tetis) os cráteres Odiseo, Telemus e Melanthius;situado nas coordenadas 10,8° S 249,2° O, o que sitúa este cráter no hemisferio de cola (de retagarda). O seu nome procede do nome da muller do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.
esquerda|miniatura|O cráter Penélope de Tetis en primeiro plano, sobre o terminador, tamén se pode ve-los cráteres Polifemo e Phemius, este último sobre o limbo da lúa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos accidentes xeolóxicos de Tetis Lista dos cuadrángulos de Tetis
Categoría:Tetis Categoría:Cráteres