João Roberto Gomes Correira, máis coñecido como Betinho, nado o 2 de maio de 1985 na Illa de Fogo, Cabo Verde, é un xogador profesional de baloncesto portugués que actualmente milita no MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha altura de 1,99 metros xoga na posición de ala.
Características João Gomes, "Betinho" como se lle coñece no mundo do baloncesto, é un xogador con excelentes calidades físicas. Poderíase dicir que desenvolve un xogo típico de escolta a pesar de ter o físico propio dun beirado. Posúe un gran primeiro paso xogando un contra un, penetra con ambas as mans e finaliza moi arriba, sendo capaz de parar e tirar. Ten un bo tiro de 3 puntos, balón dobrado, un contra un e é especialmente rápido ao contraataque. A súa mellora é aínda máis evidente no xogo 5*5 onde agora xa axunta o seu físico co coñecemento do xogo.
Traxectoria Procedente do FC Barreirense fichou polo Cantabria Lobos na tempada 2007 antes de incorporarse nese mesmo no Breogán, onde xogou dende aquela ata o ano 2011. Era un dos xogadores que máis facía vibrar á bancada coas súas accións espectaculares. Participou no Eurobasket 2007 de España coa Selección de baloncesto de Portugal.
Clubs FC Barreirense (2003-2007) Cantabria Lobos (2007) Leite Río Breogán (2007-2011) SL Benfica (2011-2014) MoraBanc Andorra (dende 2014)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Betinho na web oficial do Breogán Perfil na web oficial da FEB
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Cabo Verde Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Portugal Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Cantabria Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do BC Andorra