O Valencia Basket Club S.A.D. é un club profesional de baloncesto da cidade de Valencia, que xoga na Liga Endesa, a máxima competición do baloncesto españole a EuroLeague, máxima competición europea. Fundado en 1986, o club é herdeiro da sección de baloncesto do Valencia Club de Fútbol. Estaba patrocinado pola empresa Pamesa, polo que era comunmente coñecido até 2009 como Pamesa Valencia. Disputa os seus encontros no Roig Arena de Valencia, pavillón con capacidade para 16.500 espectadores, e viste camiseta e pantalón laranxa.
Historia O Valencia Basket Club foi fundado o 27 de setembro de 1986 despois de que o Valencia CF decidise pechar a súa sección de baloncesto. O 4 de maio de 1988, co equipo participando na súa segunda temporada na Primeira División B, naquela altura a segunda categoría do baloncesto español, o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB. Alí permaneceu até a temporada 1994−95, cando descendeu á Liga EBA xunto co CB Breogán. Este descenso produciuse despois de perder nos playoffs pola permanencia ante o Somontano Huesca por (1−3). Na seguinte temporada, tras ser subcampión da Liga EBA nunha tempada sen ascensos, o Valencia comprou a praza ACB do Amway Zaragoza. Así, o Valencia xoga initerrompidamente na máxima categoría desde a temporada 1996−97 até a actualidade.
O 2 de febreiro de 1998, o daquela chamado Pamesa Valencia, gañou o seu primeiro título nacional tras vencer ao Pinturas Bruguer Badalona. O resultado da final, xogada no Polideportivo Pisuerga de Valladolid foi de 89−75. Un ano máis tarde, o 13 de abril de 1999, o club xogou a final da Copa Saporta. Porén, o club caeu derrotado polo Benetton Treviso por 64−60, nunha final disputada no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza. Tres anos máis tarde, o Valencia conseguiu chegar de novo á final, máis o equipo volveu caer derrotado. Esta vez a vitoria foi para o Montepaschi Siena por 81–71, en Lión. thumb|Sam Van Rossom. Despois destas derrotas, chegaría unha etapa histórica para o club. En liga, na temporada 2001−02, o Valencia chega á final, aínda que non puido gañar ningún xogo da súa serie ante o FC Barcelona. Porén, antes desta derrota, esta o vez o equipo si foi quen de gañar o seu primeiro título europeo: a Copa ULEB. O Valencia conseguiu proclamarse campión desde de derrotar ao Krka Novo Mesto por un global na eliminatoria de 154–168. Esta vitoria, ademais, garantiulles a participación na seguinte edición da Euroliga. Na seguinte temporada, na súa primeira participación na principal competición continental, o club logrou a súa clasificación para o Top 16, máis foi eliminado despois de rexeitar xogar na Man de Elías ante o Maccabi Tel Aviv aducindo problemas de seguridade en Israel.
O 18 de abril de 2010, o naquela altura chamado Power Electronics Valencia, gañou o seu segundo título europeo, ao vencer ao Alba Berlín por 67−44 na final da EuroCup disputada no Fernando Buesa Arena de Vitoria. Isto permitiu ao club volver á Euroliga sete anos despois da súa primeira participación no torneo. Esta vez, Valencia chegou aos cuartos de final da Euroliga, onde foi eliminado polo Real Madrid, que gañou a serie de playoffs por unha marxe de 3−2. O 7 de maio de 2014 o Valencia consegue o seu terceiro título da EuroCup, esta vez vencendo na final a dobre partido ao UNICS Kazan.
O 5 de xuño de 2017, o Valencia clasificouse para a súa segunda final da Liga ACB de España após derrotar ao Baskonia nas semifinais. A diferenza da primeira vez, esta vez os valenciano conseguiron gañar o seu primeiro título de liga. Na final o equipo venceu ao Real Madrid por 3−1. Esa mesma temporada, o club tamén chegou á final da Copa do Rei e da EuroCup, mais perdeu as finais ante o propio Real Madrid e o Unicaja, respectivamente. O cuarto título europeo da EuroCup do club chegou dous anos despois, o 16 de abril de 2019, cando a Valencia venceu ao Alba Berlín na final a dobre partido.
Patrocinios Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Valencia-Hoja del Lunes (1986–1987) Pamesa Valencia (1987–2009) Power Electronics Valencia (2009–2011)
Xogadores Véxase tamén: Xogadores do Valencia BC.
Cadro actual
Dorsais retirados Dorsais retirados polo Valencia Basket N°XogadorPosiciónEtapa 11 Nacho Rodilla Base 1994–2003 15 Víctor Luengo Escolta 1992–2007
Destacados
Alberto Abalde Berni Álvarez Víctor Claver Salva Díez Víctor Luengo Rafa Martínez José Antonio Paraíso Pau Ribas Nacho Rodilla Johnny Rogers Fernando San Emeterio Guillem Vives Federico Kammerichs Alejandro Montecchia Fabricio Oberto Matt Nielsen Vítor Faverani Tiago Splitter Derrick Alston Tanoka Beard Brad Branson Brian Cardinal Justin Doellman Conner Henry Bernard Hopkins Darryl Middleton Derrick Williams Shammond Williams Nando de Colo Mickaël Gelabale Antoine Rigaudeau Florent Piétrus Dimos Dikoudis Robertas Javtokas Mindaugas Timinskas Nikola Kalinić Kosta Perović Igor Rakočević Duško Savanović Dejan Tomašević Serhiy Lishchuk Tornike Shengelia
Galardóns individuais MVP da ACB Justin Doellman – 2014 MVP da Final da ACB Bojan Dubljević – 2017 MVP da Copa do Rei Nacho Rodilla – 1998 MVP da Supercopa Erick Green – 2017 Mellor quinteto da ACB Justin Doellman – 2014 Romain Sato – 2014 Pau Ribas – 2015 Justin Hamilton – 2016 Bojan Dubljević – 2017, 2019 Segundo mellor quinteto da ACB Bojan Dubljević – 2018 Alberto Abalde – 2020 Campión do Concurso de Mates da ACB Víctor Claver – 2007 thumb|Bojan Dubljević. MVP das Finais da EuroCup Dejan Tomašević – 2003 Matt Nielsen – 2010 Justin Doellman – 2014 Will Thomas - 2019 Estrela emerxente da EuroCup Víctor Claver – 2010 Bojan Dubljević – 2013, 2014 Segundo mellor quinteto da Euroliga Duško Savanović – 2011 Mellor quinteto da EuroCup Nando De Colo – 2010 Matt Nielsen – 2010 Nik Caner-Medley – 2012 Justin Doellman – 2013, 2014 Bojan Dubljević – 2017, 2019 Segundo mellor quinteto da EuroCup Matt Nielsen – 2009 Bojan Dubljević – 2014 Fernando San Emeterio – 2017 Sam Van Rossom – 2019
Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Valencia Basket desde a súa fundación.
Toni Ferrer (1986–1987) Antoni Serra (1987–1989) Toni Ferrer (1989) José Antonio Figueroa (1989–1991) Fernando Jiménez (1991) Manu Moreno (1992–1995) Herb Brown (1995) Mihajlo Vuković (1995–2000) Luis Casimiro (2000–2002) Paco Olmos (2002–2004) Pablo Laso (2004–2005) Chechu Mulero (2005) Ricard Casas (2005–2006) Chechu Mulero (2006) Fotios Katsikaris (2006–2008) Neven Spahija (2008–2010) Manolo Hussein (2010) Svetislav Pešić (2010–2011) Paco Olmos (2011–2012) Velimir Perasović (2012–2015) Carles Duran (2015) Pedro Martínez (2015–2017) Txus Vidorreta (2017–2018) Jaume Ponsarnau (2018–2021) Joan Peñarroya (2021–2022) Álex Mumbrú (2022–presente)
Palmarés EuroCup Campións (4): 2003, 2010, 2014, 2019 Subcampións (2): 2012, 2017 Liga ACB Campións (1): 2016–17 Subcampións (2): 2002–03 Copa do Rei Campións (1): 1998 Subcampións (4): 2000, 2006, 2013, 2017 Supercopa Campións (1): 2017 Subcampións (1): 2010
Historial thumb|O Valencia en 2009. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1986–87 2 1ª B 19º 14–201987–88 2 1ª B8º 24–191988–89 1 ACB 16º 12–27Primeira rolda1989–90 1 ACB 10º 27–12Oitavos de final1990–91 1 ACB 9º 18–22Segunda rolda1991–92 1 ACB 9º 21–19Segunda rolda1992–93 1 ACB 10º 19–15Segunda rolda1993–94 1 ACB 12º 15–17Primeira rolda1994–95 1 ACB19º 16–26Primeira rolda1995–96 2 EBA 28–101996–97 1 ACB 11º 17–171997–98 1 ACB 7º 21–17Campión1998–99 1 ACB 6º 20–19Cuartos de final2 Copa Saporta 2º 17–21999–00 1 ACB 6º 20–17Subcampión2 Copa Saporta CF 13–32000–01 1 ACB 5º 23–15Semifinais2 Copa Saporta SF 11–52001–02 1 ACB 6º 22–16Cuartos de final2 Copa Saporta 2º 13–42002–03 1 ACB2º 32–13Semifinais2 Copa ULEB 1º 14–42003–04 1 ACB 5º 24–14Cuartos de final1 Euroliga 13–72004–05 1 ACB 9º 18–16Semifinais2 Copa ULEB SF 11–1–42005–06 1 ACB 9º 16–18Subcampión2006–07 1 ACB 7º 20–182007–08 1 ACB 5º 23–14Cuartos de final2 Copa ULEB CF 10–52008–09 1 ACB 7º 16–18Cuartos de final2 EuroCup CF 10–32009–10 1 ACB 5º 23–13Semifinais2 EuroCup 1º 14–22010–11 1 ACB 5º 24–12SemifinaisSupercopa 2º1 Euroliga CF 10–112011–12 1 ACB 4º 23–182 EuroCup 2º 12–42012–13 1 ACB 6º 23–14SubcampiónSupercopa SF2 EuroCup SF 11–52013–14 1 ACB 3º 34–8Semifinais2 EuroCup 1º 15–92014–151ACB4º23–18Cuartos de finalSupercopa SF1 Euroliga 3–72 EuroCup CF 5–52015–16 1 ACB 3º 31–9Cuartos de final2 EuroCup 13–32016–17 1ACB 1º 31–12Subcampión2 EuroCup 2º 18–52017–18 1ACB 5º 23–14Cuartos de finalSupercopa 1º1 Euroliga 9º 12–182018–19 1ACB 3º 25–15Cuartos de final2 EuroCup 1º 20–3 2019–20 1ACB 3º 16–13SemifinaisSupercopa SF1 Euroliga — 12–16
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Valencia Basket Perfil do Valencia Basket en acb.com
Valencia Valencia Categoría:Deporte en Valencia