Kenneth E. Gaspar, coñecido como Boom Gaspar, nado en 1953 en Waimānalo, Hawai, é un músico estadounidense que leva tocando con Pearl Jam coma pianista e teclista dende o ano 2002.
Traxectoria Boom Gaspar medrou en Waimānalo, Hawai e comezou a tocar coa idade de once anos. Despois de graduarse no Kailua High School, Gaspar pasou os seguintes 30 anos tocando por Hawai con artistas como Mackey Feary Band, Harmony, Simplisity, e co guitarrista de blues Albert Collins.
Pearl Jam O vocalista de Pearl Jam Eddie Vedder coñeceu a Gaspar en Hawaii. Estes foron presentados por C. J. Ramone dos Ramones. Gaspar apareceu nos álbums da banda Riot Act (2002), Pearl Jam (2006) e Lightning Bolt (2013). Aparece tamén coma compositor do tema "Love Boat Captain" que está en Riot Act. Segundo Gaspar o tema inicialmente saíu dunha sesión de improvisacion que tivera con Vedder pouco despois de coñecerse. Cando remataron, Vedder preguntou a Gaspar se estaba "preparado para ir a Seattle".
Gaspar fíxose coñecido polos seus longos solos en "Crazy Mary", unha canción escrita orixinalmente por Victoria Williams. Esta adoitaba a culminar cun duelo guitarra/órgano entre Gaspar e o guitarrista Mike McCready. Gaspar dixo a Keyboard Magazine que o seu maior reto tocando coa banda foi "aprender o que é Pearl Jam e aprender os diferentes estilos de cada un dos membros da banda. É unha educación para min. Cada noite é diferente e tocar con eles é incrible. Encántanme os retos. Eles fan de ti un mellor instrumentista e os desafíos é do que se trata a música".Gallant, Michael. "Boom Gaspar of Pearl Jam". KeyboardMag
Notas
Categoría:Pianistas dos Estados Unidos de América Categoría:Teclistas Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Hawai