Gudilona Menendiz ou Gudilona Mendes foi unha importante aristócrata galega do século IX, filla de Hermenexildo Guterrez e Hermesinda Gatoniz. Nace no ano 862 e ostentou o título de condesa de Portucale ao estar casada con Lucidio Vimaranis, fillo e herdeiro de Vimara Pérez. A súa data de falecemento, así como outros aspectos bilbiográficos son descoñecidos.
Categoría:Nobres de Galicia do século IX Categoría:Nobres de Galicia do século X