The Ghost Writer (O escritor pantasma) é un filme de coprodución franco-xermano-británica dirixido polo director de cine polonés nacionalizado francés Roman Polanski e baseado na novela de Robert Harris O poder na sombra. Polanski obtivo por esta película o Oso de prata ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Berlín do 2010.
Sinopse Un escritor (Ewan McGregor) é contratado por un ex-primeiro ministro británico (Pierce Brosnan), trala morte en estrañas circunstancias do seu predecesor, para que lle escriba as súas memorias, no momento en que o político é acusado polo Tribunal Internacional de Xustiza de amparar detencións ilegais de sospeitosos de terrorismo e a súa posterior entrega á CIA. Empeza nese momento unha perigosa investigación na que o escritor pon en perigo a súa propia vida e a través da cal Polanski aproveita para tratar a guerra do Iraq dende unha óptica diferente, incidindo nas súas relacións con opacos movementos políticos que se remontan sorprendentemente atrás no tempo e que deslexitiman as democracias europeas convencionais.
Personaxes Ewan McGregor como O escritor fantasma Pierce Brosnan como Adam Lang Olivia Williams como Ruth Lang Kim Cattrall como Amelia Bly Timothy Hutton como Sidney Kroll Tom Wilkinson como Paul Emmett Jon Bernthal como Rick Ricardelli James Belushi como John Maddox Robert Pugh como Richard Rycart Tim Preece como Roy David Rintoul como O estraño Eli Wallach como O home vello
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha técnica da película en www.labutaca.net Crítica de José Arce en www.labutaca.net
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Roman Polanski Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes rodados en Dinamarca Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts