O Nuova Pallacanestro Gorizia foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade de Gorizia, Friúl-Venecia Xulia. Fundado no ano 1999, foi o herdeiro da Unione Ginnastica Goriziana, club que participou durante anos na máxima categoría do baloncesto italiano. Desapareceu no ano 2010.
Historia A Union Ginnastica Goriziana foi fundada no ano 1868, sendo estabelecida a sección de baloncesto oficialmente en 1934. O equipo consegue chegar en 1952 á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, permanecendo nela durante dúas temporadas. Posteriormente a Goriziana xogaría outras cinco temporadas na Serie A nos anos 1960 (1961-62, 1963-65, 1966-67, 1969-70) sen conseguir nun permanecer dúas temporadas consecutivas. A partir de 1975 e aré 1984, o club alternou continuamente entre a Serie A e a Serie A2, permanecendo a continuación de na segunda divisón até 1998. Tras un novo ascenso á Serie A, aínda que consegue manter a categoría, vende os seus deportivos ao Scavolini Pesaro, pasando a xogar na terceira divisón. O equipo comeza o seu camiño na Serie B1 cun novo nome: Nuova Pallacanestro Gorizia. Porén, os éxitos deportivos non acompañan, e tras descender á Serie C en 2010, o propietario do equipo négase a seguir financiando o club, o que propicia a súa desaparición.
Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
Zoppas Gorizia (1961–1962) Unione Ginnastica Goriziana (1962-1964) Splugen Brau Gorizia (1966-1970) Patriarca Gorizia(1975–1976) Pagnossin Gorizia (1976-1980) Tai Ginseng Gorizia (1980-1981) San Benedetto Gorizia (1981–1984) Segafredo Gorizia (1984-1988) San Benedetto Gorizia (1988–1990) Brescialat Gorizia (1994-1996) Dinamica Gorizia (1996-1997) S.D.A.G. Gorizia (1998-1999)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas na web da Lega A Historia
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia