O Palasport Giacomo Del Mauro, coñecido tamén como PalaDelMauro é un pavillón polideportivo situado na cidade de Avellino, na rexión da Campania, en Italia. Con capacidade para 5.100 espectadores, foi remodelado en 2008. Alberga os encontros como local do Air Avellino, equipo que compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto italiano. Tamén foi usado en partidos da Euroliga e tamén polo Divani&Divani Avellino, o principal equipo de voleibol da cidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Società Sportiva Felice Scandone
Ligazóns externas Información na web oficial do Felice Scandone
Categoría:Pavillóns de baloncesto de Italia