O Menorca Bàsquet foi un equipo de baloncesto español con sede na cidade balear de Maó, Menorca. Fundado en 1950, anunciou a súa disolución o 5 de xullo de 2012 debido á súa mala xestión económica.

Historia Fundado en 1950 como CB La Salle Mahón, o club foi progresando lentamente até que na temporada 1993−94 consegue entrar en ligas de ámbito estatal co ascenso á Liga EBA. Coa chegada do equipo á EBA, o club comeza a xogar como local no Polideportivo Municipal de Maó. Após varias temporadas na zona baixa da liga EBA, en maio de 1997, con José Luís Oliete de adestrador, o primeiro equipo proclámase campión da liga EBA e logra así o ascenso á Liga LEB. O primeiro equipo adopta desde ese ano o nome de Menorca Bàsquet.

Na liga LEB desde a primeira temporada estivo a loitar nos playoff de ascenso á liga ACB. Na temporada 2004−05 o equipo consegue o subcampionato e consegue o ascenso á liga ACB. Debido ao ascenso, a organigrama do club tívose que profesionalizar. Ademais, o Polideportivo Municipal de Maó, con capacidade para uns 2 500 espectadores, non cumpría coa normativa da Asociación de Clubs de Baloncesto, polo que se tivo que construír un novo pavillón nun tempo récord de 90 días. A temporada de debut na ACB acabou de xeito satisfactoria ao conseguir o equipo a permanencia no último partido da temporada.

Na seguinte temporada, seis xornadas despois de comezar competición, o club decide cesar ao adestrador Curro Segura debido á mala xeira de resultados do equipo. O seu substituto foi Ricard Casas. Con el, o equipo conseguiu saír dos postos de descenso a unha xornada do final de campionato. Na última xoranda, a pesar de perder, o equipo consegue a permanencia grazas á vitoria do Gran Canaria contra o Etosa Alicante. Na temporada 2008−09 tras problemas internos e deportivos, o club acaba finalmente por a descender á LEB Ouro. O seu paso pola seguinda categoría sería, porén, breve. O club consegue nun ano regresar á ACB, aínda que descendendo inmediatamente na seguinte tempada. Na temporada 2011–12, tras unha nefasta xestión económica, o club emite un comunicado de prensa no que anuncia a súa disolución.

Patrocinios Alén de Menorca Bàsquet, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio: Coinga Menorca Básquet (2000–2004) IBB Hoteles Menorca Básquet (2004–2005) Llanera Menorca (2005–2006) ViveMenorca (2006–2010)

Xogadores Destacados

Dani Álvarez Alfons Alzamora Raúl Capablo Carlos Cazorla David Doblas Jesús Fernández Chuck Kornegay Jordi Llorens Alberto Miguel Albert Moncasi Urko Otegui Nacho Rodríguez Nacho Yáñez Caio Torres Kaloyan Ivanov Marino Baždarić Damir Markota Mario Stojić Jakim Donaldson Bud Eley Pooh Jeter Andre Turner Frédéric Weis Vrbica Stefanov Sitapha Savané Miroslav Berić Marko Marinović Vladimir Boisa

Adestradores Os seguintes foron os adestradores do Menorca Bàsquet na Liga ACB. Curro Segura (2005−2006) Francisco Javier Álvarez (2006) Ricard Casas (2006−2009) Javier Imbroda (2009) Paco Olmos (2010−2011)

Historial thumb|Alfons Alzamora. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copas1979–80 43ª Div. 5º 1980–81 43ª Div. 2º 1981–82 43ª Div. 2º 1982–83 43ª Div.1º 1983–84 32ª Div.13º 1984–85 43ª Div.1º 1985–86 32ª Div. 13º 1986–87 32ª Div. 3º 1987–88 32ª Div. 4º 1988–89 32ª Div. 5º 1989–90 32ª Div. 6º 1990–91 32ª Div. 5º 1991–92 32ª Div. 4º 1992–93 32ª Div. 6º 1993–94 32ª Div. 4º 1994–95 2EBA 12–181995–96 2EBA 15–151996–97 3EBA 26–6Copa EBA 1997–98 2LEB 6º 14–171998–99 2LEB 4º 19–17Copa Príncipe 2º1999–00 2LEB 4º 24–15Copa Príncipe 2000–01 2LEB 4º 21–182001–02 2LEB 11º 12–182002–03 2LEB 5º 22–13Copa Príncipe 2003–04 2LEB 5º 22–172004–05 2LEB2º 32–11Copa Príncipe 2º2005–06 1ACB 16º 12–222006–07 1ACB 15º 12–222007–08 1ACB 16º 12–222008–09 1ACB16º 8–242009–10 2LEB Ouro2º 30–18Copa Príncipe 2º2010–11 1ACB18º 7–272011–12 2LEB Ouro2º 30–15

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Menorca Bàsquet en FEB.es Menorca Bàsquet en ACB.com

Menorca Basquet Menorca Basquet Categoría:Maó