Fuentealbilla é un concello da provincia de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase ao nordeste da provincia e a 43 km da capital, Albacete. En 2009 tiña 2.071 habitantes, segundo datos do INE. Comprende as pedanías de Bormate e Campoalbillo.

Historia Foron famosas as súas salinas, explotadas desde a época romana e que funcionaron ata a década de 1990. Da época romana consérvase unha cisterna do século III aC.

miniatura|200px|esquerda|A chamada Fuente Grande é unha cisterna romana.

Tamén no ano 2008 foi achada unha cabeza romana no medio do campo, mentres un agricultor pasaba o seu arado atopouse con ela. En cumprimento da Lei de Patrimonio esta foi entregada ao Museo Arqueolóxico de Albacete onde foi limpada e estase procedendo ao seu estudo para determinar a súa antigüidade, aínda que se estima que foi tallada hai uns 17 séculos aproximadamente.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos da provincia de Albacete