Niccolò Paganini foi un violinista e compositor que naceu en Xénova o 27 de outubro de 1782 e finou en Niza o 27 de maio de 1840, foi un dos máis famosos virtuosos da súa época e é considerado coma un dos mellores violinistas de tódolos tempos.
A súa perfección técnica era moi elevada: técnicas de arco expresivas e innovacións no uso do staccato e do pizzicato, xunto cun oído absoluto e unha entoación perfecta.
As súas obras máis coñecidas son os Caprichos (numerados dende o 1 até o 24). Ademais, escribiu seis concertos e varias sonatas para piano.
Categoría:Compositores de Italia Categoría:Música clásica Categoría:Nados en Xénova Categoría:Nados en 1782 Categoría:Finados en 1840 Categoría:Finados por tuberculose