Sócrates Brasileiro Sampaio de Souza Vieira de Oliveira, nado en Belém do Pará o 19 de febreiro de 1954 e finado en São Paulo o 4 de decembro de 2011, foi un futbolista brasileiro, máis coñecido como Sócrates. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira en 60 ocasións.
Traxectoria A maioría da súa carreira transcorreu no Corinthians entre 1978 e 1984. Na tempada 1984-85 probou sorte en Europa, fichando pola Fiorentina, porén ao rematar o ano volveu ao Brasil, primeiro ao Flamengo e finalmente ó Santos. Retirouse xogando no Garforth Town AFC inglés.
Formou un gran grupo na selección brasileira con xogadores como Zico ou Falcão, destacando o paso polo mundial de España 1982.
Unha vez retirado exerceu como adestrador durante un tempo, dirixindo ao Botafogo, LDU Quito e a Associação Desportiva Cabofriense.
Vida persoal Faleceu dunha infección intestinalMuere Sócrates, el demócrata del fútbol .
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Belém Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Santos FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Adestradores de fútbol do Brasil Categoría:Adestradores do Botafogo Categoría:Adestradores do LDU de Quito