Olegario Sotelo Blanco, nado en Quintela (Mazaira, O Castro de Caldelas) o 8 de setembro de 1945, é un empresario, editor e escritor galego.

Traxectoria Logo de marchar a Barcelona a principios dos anos sesenta e traballar en múltiples oficios, dedicouse ao sector inmobiliario. Paralelamente á actividade industrial, creou Sotelo Blanco Edicións e a Editorial Ronsel (1993), que publica en lingua castelá. Presidiu o Centro Galego de Barcelona. En 2005 volveu a Galicia.

Como escritor interesouse polo mundo rural galego e os problemas sociais, políticos e psicolóxicos derivados da emigración.

Obra en galego Ensaio A emigración galega en Catalunya, 1991, Sotelo Blanco. Traducido ao castelán como La emigración gallega en Catalunya no mesmo ano e editorial. Antropoloxía cultural das Terras de Caldelas. 2 volumes, 1992, Sotelo Blanco. Os afiadores: a industria ambulante, 1994, Sotelo Blanco. Traducida ao castelán. Xentes do mar do Grove, 2006, Sotelo Blanco.

Narrativa Contos de indianos, 1994, Sotelo Blanco. Traducida ao castelán. Non houbo queixa e outros contos exemplares, 2001, Sotelo Blanco.

Literatura infanto-xuvenil A volta ós mundos de Tucho, 1995, Sotelo Blanco.

Conversas Conversas con Xaime Quessada, 1991, Sotelo Blanco. A voz do emigrante, 2006, Sotelo Blanco.

Obras colectivas A concentración parcelaria, 1994, Sotelo Blanco. Con Manuel Mandianes Castro. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.

Obra en castelán Narrativa El viaje de la vida, 1997, Ronsel. Un buen final y otros cuentos ejemplares, 2001, Ronsel.

Ensaio Castro Caldelas y su comarca, 1981, Sotelo Blanco. Justo Molinero: el gran comunicador, 1990, Sotelo Blanco. Caldelas: antropología cultural de una comarca gallega, 1993, Ronsel. El problema de la vivienda. La pesadilla de encontrar un piso hoy, 1993, Ronsel. Perfiles del Guinardó, 2002, Ronsel.

Conversas Ochenta y ocho gallegos: una tierra a través de sus gentes, 1983, Sotelo Blanco.

Obras colectivas Galicia, pueblo emigrante. ¿Por qué?, 1978, Rase.

Premios Pedrón de Honra en 1992. Nomeado Galego Egrexio pola Fundación Premios da Crítica no 2001. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Sotelo Blanco Edicións

Blog do autor

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1945