Manuel González Fresco, coñecido como Fresco, nado en Vigo o 20 de agosto de 1886 e finado en Ponteareas o 24 de decembro de 1936, foi un político galego. Traxectoria Fillo de Antonio González Romero, contratista de obras e empresario vigués. Membro da burguesía viguesa, cazador e magnífico tirador. De ideoloxía socialista, estaba aveciñado en Areas (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Lavadores contra os sublevados, como consecuencia, tivo que fuxir ao monte a fins de xullo. Moveuse polas bisbarras de Salvaterra de Miño, A Caniza e Ponteareas. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 23 de novembro de 1936.El Pueblo Gallego, 26-11-1936, p. 4. O 24 de decembro de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís matárono no monte Galleiro. O seu corpo permaneceu no monte ata o día 6 de xaneiro.El Diario de Pontevedra, 8-1-1937, p. 2.

Vida persoal Casou en 1928 con Nieves Souto Alfaya,El Tea, 13-12-1928, p. 3. que logo do golpe de Estado foi detida e estivo presa en Ponteareas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1936