MotoGP é a máxima categoría do Campionato do Mundo de Motociclismo de Velocidade. En 2002 pasou a substituír a categoría de 500cc (motocicletas de dous tempos de ata 500cc de cilindrada), aínda que inicialmente permitíronse motores de catro tempos de ata 990cc. Desde a tempada 2012, a cilindrada máxima permitida son os 1.000 cc.

A súa organización vén determinada pola Federación Internacional de Motociclismo, do mesmo xeito que ocorre coas outras categorías do campionato (Moto2 e Moto3).

Historia Cronoloxía miniatura|Valentino Rossi coa Yamaha nos adestramentos do GP de Indianapolis de 2009 2002: Créase a nova categoría de MotoGP, que substitúe a de 500cc. Admítense motores de 4 tempos ata 990cc ou de dous tempos ata 500cc. 2004: As grellas de saída pasan de 4 a 3 motos por fila. Makoto Tamada gaña por primeira vez unha cursa de MotoGP con pneumáticos Bridgestone, no GP do Brasil. 2005: Adóptase a norma flag-to-flag, permitindo aos pilotos parar en boxes para cambiar a moto en caso de empezar a chover a media carreira. 2007: A categoría restrínxese a 800cc e 4 tempos. 2008: Dunlop retírase. 2009: Michelin retírase e Bridgestone queda como único provedor de pneumáticos. Kawasaki suspende as actividades na categoría durante o 2009 e estuda privatizar o seu equipo. 2011: O piloto italiano Marco Simoncelli morre no circuíto de Sepang. 2012: Auméntase a máxima cilindrada a 1.000cc.

Regulamento 220px|miniatura|Honda RC212V (Dani Pedrosa, 2007) 220px|miniatura|Yamaha YZR-M1 (Jorge Lorenzo, 2011) Especificacións do motor Configuración: V2, V4 ou 4 en liña Cilindrada: 1.000 cc Ciclo do motor: 4 tempos Válvulas: 16 válvulas Distribución: Árbore de levas (DOHC), 4 válvulas por cilindro. Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible). Alimentación: Inxección. Aspiración: Motor de aspiración natural. Potencia: 240 CV Lubricación: Cárter húmido. Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm. Velocidade màxima: 349 Km/h Refrixeración: Bomba de auga individual.

Pesos mínimos Número de cilindrosMínimo 2002Mínimo 2007Mínimo 20102135 kg137 kg135 kg3135 kg140,5 kg142,5 kg4145 kg148 kg150 kg5145 kg155,5 kg157,5 kg6155 kg163 kg165 kg

Pneumáticos En 2007, as novas regulacións da categoría limitaron o número de pneumáticos a usar durante os adestramentos, cualificacións e carreira a un máximo de 31 por piloto (14 anteriores e 17 posteriores). O único equipo que participaba con pneumáticos Dunlop durante o 2007, Yamaha Tech 3, pasouse a Michelin en 2008. Aquela tempada, as regras volveron ser modificadas para permitir máis pneumáticos cada fin de semana de carreiras, deixándoos en 40 (18 anteriores e 22 posteriores). Nas tempadas 2009, 2010 e 2011, a FIM designou como provedor de pneumáticos a Bridgestone e Michelin deixou de abastecer a MotoGP. Bridgestone proporciona 4 diferentes tipos de pneumáticos anteriores, 6 posteriores e un tipo para mollado para a tempada enteira. Para cada Gran Premio, este provedor proporciona só 2 tipos de anteriores e posteriores. Para garantir a imparcialidade, os pneumáticos asígnanse aos corredores ao chou.

Campións Edición Piloto Motocicleta2002 Valentino Rossi Honda2003 Valentino Rossi Honda2004 Valentino Rossi Yamaha2005 Valentino Rossi Yamaha2006 Nicky Hayden Honda2007 Casey Stoner Ducati2008 Valentino Rossi Yamaha2009 Valentino Rossi Yamaha2010 Jorge Lorenzo Yamaha2011 Casey Stoner Honda2012 Jorge Lorenzo Yamaha2013 Marc Márquez Honda2014 Marc Márquez Honda2015 Jorge Lorenzo Yamaha2016 Marc Márquez Honda2017 Marc Márquez Honda2018 Marc Márquez Honda2019 Marc Márquez Honda2020 Joan Mir Suzuki2021 Fabio Quartararo Yamaha2022 Francesco Bagnaia Ducati2023 Francesco Bagnaia Ducati2024 Jorge Martín Ducati2025 Marc Márquez Ducati

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web de MotoGP Resultados no sitio web do FIM

Categoría:Campionatos do Mundo de Motociclismo