Luciano Fariña Busto, nado en Cambados en 1945 e finado en Pontevedra o 5 de marzo de 2014, foi un avogado e auditor galego, que ocupou o cargo de conselleiro maior do Consello de Contas.

Traxectoria Foi fillo de Luciano Fariña Couto e Francisca Busto Rodríguez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira como inspector de facenda no Ministerio de Economía, tanto na provincia de Pontevedra como no conxunto de Galicia. Foi auditor no concello de Zaragoza e tamén exerceu de forma privada. Foi designado secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Facenda en 1986, data en que se incorpora á administración autonómica no equipo de Xosé Antón Orza.

En 2000 foi elixido conselleiro maior do Consello de Contas, cargo que ocupou ata 2007. Permaneceu como conselleiro nesta institución a petición do Partido PopularBenigno López, novo Valedor do Pobo por unanimidade , Galicia Hoxe, 18/7/2007., ata que en 2010 regresou ao cargo de conselleiro maiorLuciano Fariña repetirá como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, CRTVG, 3/9/2010..

Vida persoal Estivo casado e vivía en Pontevedra.

Notas

Categoría:Consello de Contas Categoría:Nados en Cambados Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes