A arteria braquial fonda ou arteria umeral fonda é unha arteria do membro superior humano. É a maior rama da arteria braquial.
Características Diríxese ao compartimento posterior do brazo. Entra no compartimento xunto co nervio radial a través do espazo triangular, que está formado polo corpo do úmero, o bordo inferior do músculo redondo maior e o bordo lateral da porción longa do tríceps braquial. A continuación sitúase na canle radial, por debaixo do tríceps.
As ramas da arteria umeral fonda irrigan os músculos próximos e se anastomosan coa arteria circunflexa umeral posterior. A arteria termina a nivel do cóbado, onde dá lugar a dúas ramas que forman un plexo vascular en torno ao cóbado. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Arterias