O Club Deportivo Maristas Palencia, coñecido por motivos de patrocinio como Zunder Palencia é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Palencia, Castela e León que xoga na Primeira FEB, a segunda categoría do baloncesto español.

Historia O C.D. Maristas de baloncesto ten a súa orixe no Colexio Marista Castela, situado en Palencia. A sección de baloncesto foise potenciando nos anos 1980 coa colaboración de diversos patrocinadores, o que levou ao equipo a varios ascensos, culminados a tempada 2008-09 co ascenso a LEB Ouro, segunda máxima categoría do baloncesto español.

En decembro de 2009, o escolta estadounidense Michael Dickerson converteuse no primeiro xogador con experiencia na NBA en formar parte do persoal do club palentino.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Palencia Categoría:Deporte en Palencia