"The Lost Art of Keeping a Secret" é o primeiro sinxelo do segundo álbum da banda estadounidense Queens of the Stone Age, Rated R. Foi lanzado o 7 de agosto do 2000 a través do selo Interscope Records, como sinxelo normal en Europa, e como sinxelo promocional nos Estados Unidos. O tema converteuse no máis recoñecible e popular da banda no momento da súa edición, sendo o seu vídeo musical emitido de cando en vez na televisión. Trátase tamén do único sinxelo de Rated R en entrar nas listas, acadando o número 21 na Mainstream Rock, o 36 na Modern Rock e o 31 na UK Singles ChartPosición dos sinxelos de QotSA nas listas británicas.
Listaxe de cancións Todos os temas por Joshua Homme e Nick Oliveri, agás onde se indique.
Europa 7" e CD "The Lost Art of Keeping a Secret" - 3:36 "Ode to Clarissa" - 2:40
Reino Unido CD 1 "The Lost Art of Keeping a Secret" - 3:36 "Born to Hula" (Homme) - 5:52 "The Lost Art of Keeping a Secret" (CD-ROM Vídeo) - 3:36
CD 2 "The Lost Art of Keeping a Secret" - 3:36 "Ode to Clarissa" - 2:40 "Monsters in the Parasol" (Live in Seattle) (Homme, Mario Lalli) - 3:32
Notas
Categoría:Sinxelos de 2000 Categoría:Cancións de Queens of the Stone Age