Xurxo Sierra Veloso, nado en Caracas o 26 de setembro de 1969, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa na Facultade de Ciencias da Educación de Zamora como funcionario da Universidade de Salamanca. Entre 1990 e 1993 codirixiu e presentou o programa radiofónico Os mundos de Horacio Oliveira nunha emisora viguesa. Dende 2011 é membro do Seminario Permanente Claudio Rodríguez, do que foi tesoureiro entre 2017 e 2025. Do 2011 ao 2016 coordinou os encontros literarios do campus universitario de Zamora. É secretario da Asociación Cultural MOVEX (Movimiento y Expresión).

Obras Narrativa Os ollos do rei de copas, 1994, Edicións do Cumio. Licor de abelá con xeo, 2006, Sotelo Blanco. Os mércores de Fra, 2006, Sotelo Blanco. Dúbidas de María, 2007, Concello de Bueu. Os nomes do traidor, 2008, Xerais. Publicado en castelán en 2009 como Los nombres del traidor en Faktoría K. Os fíos, 2010, Galaxia. Hombres en chándal y sillones de escay, 2014, Círculo Rojo. Benvidos á cidade, 2020, Literaria, Galaxia.

Traducións

Os círculos do inferno, de Justo Jorge Padrón, 1996, Xunta de Galicia. Con Luís Alonso Girgado. Diálogos, de Platón, 1999, Clásicos Xuntanza. Traducido do castelán ao galego.

A república (Libros VII-X), de Platón, 1999, Clásicos Xuntanza. Con X. C. Rodríguez Pérez. Traducido do castelán ao galego.

Obras colectivas Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.

Edicións Era un son de buguina, de Agustín González López, 1998, Follas Novas. Con Luís Alonso Girgado.

Premios Finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2006, por Licor de abelá con xeo. Premio Matilde Bares, Concello de Bueu, 2006, por Dúbidas de María Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2006, por Os mércores de Fra. Gañador do IV Premio Narrativa Breve Repsol no 2010, por Os fíos.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Sotelo Blanco Ficha en Xerais Blog do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Galegos de Venezuela