Paul B. Preciado, nado en Burgos o 11 de setembro de 1970, é un filósofo e escritor español. A súa obra céntrase en temas aplicados e teóricos relacionados coa identidade, o xénero, a pornografía, a arquitectura e a sexualidade.Stuettgen, Tim. "Disidentification in the Center of Power: The Porn Performer and Director Belladonna as a Contrasexual Culture Producer (A Letter to Beatriz Preciado)." Women's Studies Quarterly 35.1/2 (2007): 249–270.
Traxectoria Fixo o doutoramente en teoría da arquitectura na Universidade de Princeton, onde obtivo premio extraordinario fin de carreira e onde foi investigador. Fixo tamén un mestrado de Filosofía Contemporánea e Teoría de Xénero na New School for Social Research de Nova York. Foi alumno de Ágnes Heller e Jacques Derrida. É profesor de historia política do corpo, teoría do xénero, e historia da performance na Universidade París VIII.
Inspirado nas teses de Michel Foucault, reflexiona sobre os modos de subxectivación e identidade, tomando parte en distintos foros internacionais. O seu libro Manifesto contra-sexual (2002), traducido a varios idiomas, é hoxe unha referencia na teoría queer.
Vida persoal Preciado anunciou a súa transición en 2014. O nome que lle deron ao nacer foi Beatriz; posteriormente adoptou o nome de Paul.
Obra Manifiesto contrasexual (2002) Testo yonqui (2008) El deseo homosexual (2009) Pornotopía. Arquitectura y sexualidad en «Playboy» durante la guerra fría (2010) Un apartamento en Urano. Crónicas del cruce (2019). Yo soy el monstruo que os habla. Informe para una academia de psicoanalistas (2020). Dysphoria Mundi (2022).
Colaboracións en libros colectivos VV.AA.: Soft Power: biotecnología, industrias de la alimentación y de la salud y patentes sobre la vida. Bilbao: Consonni, 2012
Cinema Orlando. Ma biographie politique (2023). Filme de autoficción baseado na novela Orlando, de Virginia Woolf.
Notas
Categoría:Filósofos de Castela e León Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Personalidades da filosofía feminista Categoría:LGBT en España Categoría:Persoas trans Categoría:Filósofos do século XXI Categoría:Teoría queer