O Liga Deportiva Universitaria é un club de fútbol ecuatoriano da cidade de Quito. Fundouse o 11 de xaneiro de 1930 e actualmente compite na Serie A de Ecuador. Mantén unha rivalidade forte co SD Aucas, co cal disputa o chamado Superclásico de Quito. Trátase do único equipo de Ecuador que ten no seu palmarés tódolos títulos continentais de Suramérica, acadados recentemente, o cal fai que este equipo ocupe actualmente a 1ª posición na clasificación de clubs da Conmebol.Ranking de clubs da Conmebol 29-8-2011
Palmarés Torneos nacionais Serie A (10): 1969, 1974, 1975, 1990, 1998, 1999, 2003, Apertura 2005, 2007, 2010 Torneos internacionais Copa Libertadores (1): 2008 Copa Suramericana (1): 2009 Recopa Suramericana (2): 2009, 2010
Estadio O LDU Quito xoga os seus encontros como local no estadio coñecido como Casa Blanca, da súa propiedade, construído en 1997, e cunha capacidade para mais de 41.596 seareiros. Trátase do estadio máis grande da capital de Ecuador, Quito, e o segundo máis grande do país. 350px|miniatura|dereita|Estadio Casa Blanca, fogar do LDU Quito.
Xogadores Cadro actual
12px|Capitán
Notas
Véxase tamén Outros artigos Copa Libertadores Ligazóns externas Páxina oficial do club