Michael J. Fox, nado Michael Andrew Fox o 9 de xuño de 1961 en Edmonton, é un actor canadense-estadounidense."Michael J. Fox Becomes American Citizen," IMDb, consultado o 2 de xaneiro de 2011.

Traxectoria Comezou a súa carreira como actor na década de 1970. Entre os seus papeis máis coñecidos están os de Alex P. Keaton na serie Family Ties (1982-1989) polo que gañou tres Emmy e un Globo de Ouro; Marty McFly na triloxía Back to the Future (1985–1990) e o de Mike Flaherty en Spin City (1996-2000), co que gañou un Emmy, tres Globos de Ouro e dous dos Premios do Sindicato de Actores. Tamén actuou nos filmes Bright Lights, Big City (1988), Corazóns de ferro (1989, Brian De Palma), Life with Mikey (1993, James Lapine) ou The American President (1995, Rob Reiner).

En 1991 a Fox diagnosticáronlle párkinson, feito que fixo público en 1998. Retirouse parcialmente da interpretación no ano 2000 ao empeoraren os síntomas da enfermidade, traballando sobre todo como actor de dobraxe, como en Stuart Little e Atlantis: The Lost Empire, e en papeis menores na televisión como en Boston Legal, The Good Wife e Scrubs. E tamén publicou tres libros, Lucky Man: A Memoir (2002), Always Looking Up: The Adventures of an Incurable Optimist (2009) e A Funny Thing Happened on the Way to the Future: Twists and Turns and Lessons Learned (2010). En 2010 recibiu o título de oficial da Orde do Canadá.

Como activista na concienciación da necesidade dunha cura para a doenza, fundou a Fundación Michael J. Fox no ano 2000. O 5 de marzo de 2010 o Instituto Karolinska concedeulle un doutoramento honoris causa polo seu traballo avogando por unha cura para a enfermidade de Parkinson.

Filmografía + Filmes Ano Filme Papel Notas 1980 Midnight Madness Scott Larson 1982 Class of 1984 Arthur 1985 Back to the Future Marty McFly 1985 Teen Wolf Scott Howard 1987 Light of Day Joe Rasnick 1987 The Secret of My Success Brantley Foster/Carlton Whitfield 1988 Bright Lights, Big City Jamie Conway 1989 Corazóns de ferro PFC. Eriksson 1989 Regreso ó futuro II Marty McFly, Marty McFly Jr, Marlene McFly 1990 Back to the Future Part III Marty McFly, Seamus McFly 1991 The Hard Way Nick Lang/Ray Casanov 1991 Doc Hollywood Doutor Benjamin Stone 1993 Homeward Bound: The Incredible Journey Chance Voz 1993 Life with Mikey Michael "Mikey" Chapman 1993 For Love or Money Doug Ireland 1994 Where the Rivers Flow North Clayton Farnsworth 1994 Greedy Daniel McTeague 1995 Blue in the Face Pete Maloney 1995 Coldblooded Tim Alexander Tamén produtor 1995 The American President Lewis Rothschild 1996 Homeward Bound II: Lost in San Francisco Chance Voz 1996 The Frighteners Frank Bannister 1996 Mars Attacks! Jason Stone 1999 Stuart Little Stuart Little Voz 2001 Atlantis: The Lost Empire Milo James Thatch Voz 2002 Interstate 60 Mr. Baker 2002 Stuart Little 2 Stuart Little Voz 2006 Stuart Little 3: Call of the Wild Stuart Little Voz

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores infantís do Canadá Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz do Canadá Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas do Canadá Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Edmonton Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa