John Charles Polanyi (en húngaro: Polányi János), nado en Berlín o 23 de xaneiro de 1929, é un químico canadense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.
Traxectoría Naceu en Berlín, fillo do químico húngaro Michael Polanyi e Magda Elizabeth, e sobriño do famoso economista Karl Polanyi. En 1933 a súa familia trasladouse a Inglaterra, onde estudou química na Universidade de Cambridge onde se doutorou en 1952. Aquel mesmo ano emigrou ao Canadá, onde traballou no National Research Council of Canada de Ottawa, e posteriormente nas universidades de Princeton e Toronto, de onde é profesor de química desde 1956.
Investigacións científicas Tras realizar investigacións en quimioluminiscencia infravermella, radiación que emiten as moléculas cando as súas rotacións e vibracións internas retárdanse pasando de estados vibracionais de moi alta frecuencia a outros estados vibracionais de baixa frecuencia. A análise destas radiacións fornece información detallada da distribución de enerxía nos elementos químicos, e a relación desta distribución cos detalles das secuencias de fenómenos que ocorren durante as reaccións.
En 1986 foi galardoado, xunto cos químicos estadounidenses Dudley R. Herschbach e Yuan T. Lee, co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da dinámica de procesos químicos elementais.
Premios e distincións En 1989 recibiu un doutoramento honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1986 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1986 John Charles Polanyi en Biografías y Vidas Perfil de John Charles Polanyi en NNDB
Categoría:Químicos de Hungría Categoría:Químicos do Canadá Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Premios Nobel de Alemaña Categoría:Premios Nobel do Canadá Categoría:Premios Nobel de Hungría Categoría:Doutores honoris causa polo Instituto Weizmann de Ciencias