Baler é un municipio da provincia de Aurora, en Filipinas. No ano 2015 tiña 39.562 habitantes repartidos en 13 barangays. Baler é o centro político e comercial de Aurora, e é a cidade natal de Manuel Luis Quezón, o primeiro presidente de Filipinas.
Baler é célebre pola defensa da igrexa feita por un destacamento español durante a guerra hispano-estadounidense de 1898, coñecido como o Sitio de Baler. A resistencia seguiu ata tres meses despois de rematada a guerra. Eses soldados coñecéronse como Os derradeiros de Filipinas nas fontes españolas.
Historia Fundación e período español A área onde se atopa Baler foi explorada en 1572 por Juan de Salcedo, o primeiro europeo que visitou a zona no seu periplo explorador da costa oriental de Luzón, o que os españois denominaban «Contra Costa», ao acharse no extremo oposto a Manila da illa de Luzón. En 1609, misioneiros franciscanos encabezados por frei Blas Palomino cruzaron a Sierra Madre e fundaron o poboado de Baler na costa do Pacífico, as beiras da baía que tomou o nome do poboado, a baía de Baler, e xunto á desembocadura do río San José (hoxe en día Aguang). Aínda que en liña recta non se encontraba a máis de 150 km de Manila, a actual estrada desde a capital, que recorre a Sierra Madre, ten uns 232 km. A dificultade de acceder a Baler por terra orixinaba que as comunicacións coa capital do arquipélago se fixera por mar. En 1753, un tsunami arrasou Baler e tomouse a decisión de reconstruílo media legua cara ao interior, nuns terreos elevados, tamén as beiras do río San José, pero protexidos ao leste polas montañas que formaban o cabo Punta do Encanto, que pechaba a baía de Baler polo sur.
Durante a administración española de Filipinas, a illa de Luzón encontrábase dividida en provincias. Delas íanse desgaxando, cando acadaban un nivel de desenvolvemento suficiente, territorios que se ían catalogando como distritos. En 1818, a área de Baler foi transferida da provincia de Tabayas (coincidente a grandes trazos coa actual provincia de Quezón) á provincia de Nueva Écija. En 1856, os territorios de Nueva Écija situados entre a Sierra Madre e o océano Pacífico foron desgaxados para constituír o distrito de El Príncipe. As principais localidades deste novo distrito eran Baler, a capital («cabeceira» na terminoloxía da época, ao tratarse dun establecemento de baixo rango, do novo distrito), Casigurán (ambas na costa, situada esta última a uns 16 km de Baler) e San José de Casignán (actual María Aurora, no interior, a 15 km de Baler). Relixiosos franciscanos se encargaban da atención relixiosa da localidade desde a súa fundación (salvo un período de corenta e cinco anos, entre 1658 e 1703, en que foron substituídos por agostiños recoletos).
miniatura|dereita|Réplica da cabana de Manuel Luis Quezón en Baler. Á fronte do distrito encontrábase un comandante político-militar con residencia en Baler, posto desempeñado por un capitán do Exército, o cal, en virtude do seu cargo, era tamén delegado de Facenda para a recadación de impostos, subdelegado de Mariña, xuíz de primeira instancia e administrador da oficina de correos. En 1897 o pobo compoñíase dunha igrexa coa residencia do párroco contigua (habitualmente denominado «convento» na Filipinas española), a casa do comandante e barracones para a tropa, ademais das vivendas dos habitantes do poboado. A guarnición permanente consistía nun destacamento da Garda Civil cun cabo, «europeo», e cinco números filipinos. Habitaban a poboación unhas 1700 persoas.1688 habitantes según
A igrexa de Baler
miniatura|dereita|200px|Igrexa de Baler trala súa reconstrución. A igrexa, o edificio máis sólido do poboado, foi construída despois da refundación de Baler en 1735, co obxectivo de que resistise os fenómenos meteorolóxicos extremos (tifóns, inundacións, tsunamis) que caracterizan a área. Os muros, de metro e medio de espesor, consistían nunha amálgama de pedras, cal e arena. Ademais da súa solidez, a igrexa era un edificio simbolicamente da maior importancia, posto que ademais das cerimonias relixiosas, era a sede do párroco, depositario de inmensos poderes non só espirituais, senón tamén temporais. Tiña unha forma aproximadamente rectangular, de 30 metros de lonxitude e 10 de anchura, con orientación sur-norte. Tiña seis ventás, dous delas na fachada principal, que daba ao sur. A torre do campanario era de madeira e o teito, a dúas augas, de cinc. Contigua á igrexa, á esquerda da entrada principal, encontrábase o convento, de dez metros de lonxitude e tres de anchura. A súa esquerda, un curral duns cinco por cinco metros. Tamén no lado esquerdo (oeste) da igrexa, estaba a sancristía. Sancristía e convento estaban comunicados mediante un pequeno patio.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sitio de Baler Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Xeografía de Filipinas