Iago Mouriño Román, nado en Lalín o 23 de outubro de 1984, é un músico e escritor galego.

Traxectoria Colabora no mensuario local Lalín e Comarca e na revista trimestral da Federación Galega de Bandas de Música Populares. Desenvolve a súa actividade de músico en grupos de pop, rock, jazz, de banda de música e de big band, e está tamén enrolado nunha compañía de teatro para a que redacta os guións.

Obra Obras colectivas Na vangarda, 2005, Xunta de Galicia. Con Gabriel G. Esteves, Paulo Martínez Lema e Miguel Ángel Segador López. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1984