Jean-Marie Pierre Lehn, nado o 30 de setembro de 1939 en Rosheim (Francia), é un químico francés, profesor e investigador galardoado co premio Nobel de Química de 1987.

Traxectoría Estudou química na Universidade de Estrasburgo, onde se doutorou en 1963. En 1970 foi nomeado profesor de química na Universidade de Estrasburgo, cargo que ocupou ata 1979, cando aceptou a oferta do Collège de France en París.

Investigacións científicas Logo de realizar a súa tese doutoral pasou un ano na Universidade Harvard á beira de Robert Burns Woodward desenvolvendo a síntese química da vitamina B12.

miniatura|Esquema dunha molécula de criptando (2.2.2), familia de compostos de sínteses inventados polo premio Nobel Jean-Marie Lehn As investigacións de Lehn conducíronlle en 1968 á creación dunha molécula capaz de combinarse co neurotransmisor acetilcolina, o transmisor químico dos sinais do sistema nervioso. Na manipulación dos compostos bicíclicos do tipo éter coroa ampliou os achados de Charles J. Pedersen ata as tres dimensións, estudos que posteriormente ampliaría Donald James Cram. Tamén desenvolveu unha terminoloxía que pasaría a ser aceptada na nomenclatura da química orgánica: as cavidades que existen dentro das moléculas chamounas criptas, criptandos os compoñentes e criptatos os seus complexos.

O seu traballo contribuíu especialmente ao desenvolvemento da química supramolecular.

En 1987 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto con Pedersen e Cram, polo desenvolvemento e utilización de moléculas de interacción de alta selectividade

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1987 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1987 Jean-Marie Lehn en Biografías y Vidas Perfil de Jean-Marie Lehn en NNDB Artigo de Jean-Marie Lehn, en "Ciencia y arte de la materia" en "LA QUÍMICA Y LA VIDA" - El Correo de la UNESCO, xaneiro-marzo de 2011

Categoría:Químicos de Francia Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados no departamento do Baixo Rin Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Estrasburgo Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Carolina de Praga Categoría:Premios Nobel de Francia