Mickaël Benoit "Michael" Mokongo, nado o 11 de xullo de 1986 en Bangui, República Centroafricana, é un xogador profesional de baloncesto francés actualmente sen equipo. É internacional nas categorías inferiores da selección francesa e coa selección absoluta centroafricana.
Traxectoria Fillo dun antigo xogador da selección centroafricana de baloncesto, Mokongo comezou a súa andaina no baloncesto europeo coas categorías inferiores do ÉS Chalon, co cal pasaría a debutar na Ligue Nationale de Basketball (máxima categoría do baloncesto francés) en 2003. Manteríase no club até 2006, chegando a xogar na ULEB Cup e sendo chamado para xogar no All-Star en 2005.
Posteriormente ficharía pola Orlandina da Serie A italiana (máxima categoría italiana), onde sería titular facendo 7 puntos, 2 rebotes e 3 asistencias por encontro. Posteriormente marcharía cara Turquía, a xogar co Bandırma Banvit da primeira división, facendo 10 puntos, 2 rebotes e case 4 asistencias por encontro. Con todo, foi traspasado no mercado de inverno ao BCM Gravelines da Ligue Nationale de Basketball até final de tempada. Ao ano seguinte asinaría co Cholet Basket co cal tamén xogaría en competicións europeas, chegando a xogar a final do EuroChallenge
Ao final da tempada marcharía cara Chipre, onde xogaría co Apoel Nicosia da primeira división. Xogando de titular gañaría a liga do país, ademais de xogar de novo en competicións europeas. Ao ano seguinte Mokongo asina co Club Ourense Baloncesto, onde é despedido no mes de xaneiro por mor dos malos resultados do equipo até ese momento. Así, o 9 de febreiro de 2011 Mokongo asinaría co Breogán de Lugo até final da tempada.
Equipos 20px|border|ProA ÉS Chalon (2002-2006) 20px|border|Serie A Orlandina Basket (2006-2007) 20px|border|TBL Bandırma Banvit (2007) 20px|border|ProA BCM Gravelines (2008) 20px|border|ProA Cholet Basket (2008-2009) border|20px|Cyprus A Apoel Nicosia (2009-2010) border|20px|LEB Ourense (2010-2011) border|20px|LEB Breogán (2011) border|20px|ProA Chorale Roanne (2011-2012) border|20px|Cyprus A Apoel Nicosia (2012-2013) border|20px|LEB Basket Navarra (2013) border|20px|NM1 AS Monaco (2013-2015)
Palmarés Selección de Francia U18 (2004) Selección de Francia U20 (2006) Semifinalista Ligue Nationale de Basketball (2004, 2005) Medalla de Bronce Eurobasket U18 (2004) Xogador no All-Star da Ligue Nationale de Basketball (2005) Finalista do EuroChallenge (2009) Cuartofinalista do EuroChallenge (2010) Campión da Liga Chipriota (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en feb.es Nova da fichaxe polo Breogán na web oficial do club Vídeo coas mellores xogadas de Mokongo no Cholet Basket
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Bangui Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Francia Categoría:Xogadores do Élan Chalon Categoría:Xogadores do Orlandina Basket Categoría:Xogadores do Bandırma BİK Categoría:Xogadores do BCM Gravelines Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores do APOEL BC Categoría:Xogadores do Club Ourense Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Chorale Roanne Basket Categoría:Xogadores do Basket Navarra Club Categoría:Xogadores do AS Monaco Basket